Tres filmes galegos compiten en Sitges

La mujer del eternauta e Carabás aspiran a cadanseu galardón

7/10/2011 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
8 lecturas | Compartido 0 veces
O Festival Internacional de Cinema Fantástico de Sitges, que comezaba onte, conta na súa 44 edición con tres filmes galegos a concurso. Por unha banda, está a xa comentada Lobos de Arga de Vaca Films, que compite na sección oficial Fantàstic. Pola outra, La mujer del eternauta de Frida Films e con dirección de Adán Aliaga tentará facerse co premio na categoría Noves Visións. Pola súa banda, o coruñés F. Calvelo entra a concurso coa curtametraxe Carabás.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades
Conceptos