15/06/2012
O Concello de Ourense prevé a continuidade do OUFF
O Festival de Cine de Ourense (OUFF) terá continuidade. O Concello prevé iniciar os traballos para artellar unha nova edición sen o concurso da Deputación, segundo publica hoxe
La Región. A concelleira de cultura ourensá, Isabel Pérez, ten previsto manter hoxe unha xuntaza co presidente da Deputación, Manuel Baltar, para acordar o xeito no que se concreta a disolución do Consorcio, participado polas dúas entidades, que ata o de agora corría coa organización do evento..
Amplía a nova>>
13/06/2012
Retorno a Pacios
Un fotógrafo (Antonio López) que volta a Pacios, a súa aldea natal do Incio, logo de anos, para retratar os seus habitantes. Este é o eixe de
Pacios. As fotos da memoria, un documental que segue este proceso de traballo e reflexiona sobre a arte e a recuperación do pasado. Uns días intensos tanto a nivel de traballo como emocionalmente para López e mais para os veciños da aldea..
Amplía a nova>>
12/06/2012
Engurras leva premio no Festival de Annecy
Engurras o filme de animación producido por Perro Verde Films a partir da banda deseñada homónima de Paco Roca, acaba de levar o Premio Especial do Xurado no Festival de Annecy. É a primeira vez que un filme realizado en España, e por suposto, por unha produtora galega, resulta premiado neste evento, considerado a principal cita do mundo no cinema de animación. Perro Verde anunciou tamén que o propio Roca será o encargado de dirixir a vindeira adaptación de
Memorias de un hombre en pijama, outra obra súa. Canda a el, repetirá boa parte do equipo de realizou
Engurras.
Amplía a nova>>
12/06/2012
Drácula na Coruña
Drácula. Un monstro sen reflexo. Cen anos sen Bram Stoker (1847-1912) é o título da mostra que presenta, ata o vindeiro 7 de outubro a Fundación Seoane na Coruña. O proxecto aproveita o centenario de Bram Stoker para analizar a pegada do seu máis célebre personaxe na cultura popular. Carteis de filmes, fotografías e obras de arte combínanse nun proxecto no que tamén se proxectan películas e se inclúen concertos. Ademais, da man da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, un encontro de dous días indagará a fondo sobre a figura do personaxe e mais do seu autor..
Amplía a nova>>
12/06/2012
Cen anos de cinema nos ollos de adolescentes
Armar os rapaces e rapazas con cámaras e lanzalos a filmar o mundo. Este é o xeito no que Manuel González, profesor no IES Concepción Arenal de Ferrol, lles explicou Cultura Audiovisual aos seus alumnos este último curso. Preto de 180 filmacións que se poden contemplar nunha canle de Yotube e que nos permite seguir a historia do cinema, nos ollos de adolescentes galegos. Achegámosche unha mostra destes traballos..
Amplía a nova>>
06/06/2012
O Museo do Pobo acolle a VII Mostra de Cinema Etnográfico
Un ano máis, o Museo do Pobo acolle unha selección de traballos de cinema vencellados á etnografía. Entre outras obras, poderá coñecerse o traballo de Jean Rouch ou o palmarés do Festival Internacional de Documental Etnográfico de Sobrarbe (Huesca). As proxeccións desenvólvense entre o 11 e o 19 deste mes na sede do Museo..
Amplía a nova>>
05/06/2012
Dúas Letras de Eloy Varela faise tamén co Primavera de cine de Vigo
No transcurso da gala de clausura do festival Primavera de Cine, en Vigo, fixéronse públicos os gañadores deste certame, que se escollen por votación popular. A produción
Dúas letras de Eloy Varela resultou gañadora na categoría Curtametraxes, o cal a convirte nunha das curtametraxes do momento tras gañar nos festivais de Bueu e Cans. No ámbito das longametraxes, o filme
Relatos de Mario Iglesias fíxoese co galardón. Pola súa banda, mo estudo de animación vigués Duplo Studio gañou o premio á mellor dirección de videoclip con
The man who lived in death, protagonizado por Patricia Moon. No
Primavera de cine participaron 7 longametraxes, 15 curtametraxes e 24 videoclips galegos..
Amplía a nova>>
28/05/2012
Mr. Bear é elixida mellor curtametraxe de ficción en Cans
A curta
Mr. Bear dirixida por Andrés Rosende foi escollida polo xurado profesional como mellor curtametraxe, por conxugar "a técnica, a interpretación e o humor, nun exercicio de ironía pura e dura". O xurado dos veciños, pola súa contra, valorou a historia
Dúas letras, dirixida por Eloy Varela, "porque é unha historia do mundo rural, pola súa delicadeza ao presentar o sufrimento dunha nai que espera as cartas do seu fillo". O xurado premiou tamén a
O xigante, de Luis Matta e Julio Vanzeler, na mellor curta de animación e a
El baile maldito, de Rafa de los Arcos, polo seu guión. .
Amplía a nova>>
25/05/2012
Unha curta 3D alerta sobre o impacto de introducir predadores nas illas
O Grupo de Ecoloxía e Evolución de Plantas da Universidade de Vigo acaba de publicar, no marco do seu proxecto Divulgare na rede unha nova curtametraxe en animación tridimensional. A produción,
The introduction of predators such as cats in islands ecosystems pretende alertar sobre o risco de introducir gatos ou cans en illas como poden ser Ons ou Cíes, xa que poden levar á desaparición de especies de réptiles en perigo de extinción..
Amplía a nova>>
23/05/2012
Dez persoeiros reflexionan sobre a situación do galego nun documental
Lois Dieguez, Xurxo Souto, F. Xosé Fernández Naval, Antía Otero, X. R. Freixeiro Mato, Dores Tembrás, Estibaliz Espinosa, Pilar Pallarés, Ánxeles Penas e Marcelino Fernández Mallo son as voces que recolleu Xosé Bocixa para o seu documental
A lingua a reflexión. O proxecto quere animar a pensarmos a situación da lingua baixo o goberno autonómico do PP e está dispoñible de xeito íntegro na rede..
Amplía a nova>>