Mr. Bear é elixida mellor curtametraxe de ficción en Cans

Xurado e público escolleron o domingo as mellores curtas do festival

Xurado e premiados en Cans. Foto: Rafa Costas/ Festival de Cans
Xurado e premiados en Cans. Foto: Rafa Costas/ Festival de Cans
A curta Mr. Bear dirixida por Andrés Rosende foi escollida polo xurado profesional como mellor curtametraxe, por conxugar "a técnica, a interpretación e o humor, nun exercicio de ironía pura e dura". O xurado dos veciños, pola súa contra, valorou a historia Dúas letras, dirixida por Eloy Varela, "porque é unha historia do mundo rural, pola súa delicadeza ao presentar o sufrimento dunha nai que espera as cartas do seu fillo". O xurado premiou tamén a O xigante, de Luis Matta e Julio Vanzeler, na mellor curta de animación e a El baile maldito, de Rafa de los Arcos, polo seu guión.

O premio á mellor interpretación foron para Luis Zahera, por Conversas cunha muller morta e para Teresa Fraga, por Dúas letras. Os mellores videoclips foron para Puerto del sonido, na elección do xurado, e para Desequilibrios, de Baldosa Amarilla, na do público. O Premio de Honra do Festival de Cans, o Pedigree'11, foi para antonio Durán "Morris".