23/05/2012
Tempos de Cans
A crise déixase sentir nas producións pero non no evento. O Festival de Cans dá comezo hoxe á súa IX Edición aparecendo como unha excepción no panorama de crise do audiovisual. Fronte aos recortes ou suspensións aos que se enfrontan outras citas, o encontro do Porriño medra, aínda que os seus organizadores recoñecen que, dun xeito ou doutro, os problemas económicos se deixan senstir nas producións que reciben.
.
Amplía a nova>>
22/05/2012
Engurras chegará a Estados Unidos da man de GKids
A distribuidora neoyorkina GKids, especializada en filmes independentes e de animación, acaba de se facer cos dereitos para Estados Unidos do filme
Engurras, producido pola galega Perro Verde films e mais Cromosoma. Con esta venda, o filme suma un novo país á súa distribución, logo que os dereitos fosen xa adquiridos para Canadá, Rusia, Latinoamérica, China e Polonia. O filme competirá en breve nos festivais de animación de Annecy e no de Karlovy Vary. Ao tempo, o vigués Lois Patiño estrea estea mesma semana a súa obra
Ecos del bosque no festival Rencontres Internationales París/Berlín/Madrid e
Na vibración da auga no Media City Film Fest, de Ontario, Canadá. .
Amplía a nova>>
14/05/2012
Cultura reformulará as axudas ao audiovisual
As bases coas que se convocan as axudas económicas para o sector audiovisual reformularanse de cara ao vindeiro ano. A Consellaría de Cultura desenvolverá, entre este mes e o vindeiro setembro, unha serie de conversas con representantes das diferentes asociacións profesionais do audiovisual galego coa intención de "recoller todas as suxestións e puntos de vista" as mesmas o respecto. Un encontro entre o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Xoán Carlos Fernández Fasero e membros da Asociación Galega de Guionistas abriu esta rolda de conversas..
Amplía a nova>>
14/05/2012
Un documental e un proxecto multimedia homenaxean os voluntarios do Prestige
Co amparo dunha coñecida marca de cervexas e no marco da súa campaña internacional para coidar as praias, os voluntarios que participaron na recollida do fuel do Prestige das nosas costas están a recibir unha homenaxe. A directora de cinema Isabel Coixet dirixiu o documental
Marea blanca, que recolle os testemuños dalgunhas das preto de 125.000 persoas que se achegaron a participar, hai agora dez anos, nas tarefas de limpeza da costa. O trailer está xa dispoñible na rede, e a estrea, tamén en liña, farase o vindeiro 17 de maio. Canda a isto, na rede pode verse unha fotografía de toda a Costa da Morte sobre a que se amosan testemuños, fotografías e vídeos dalgúns dos que participaron nesta marea..
Amplía a nova>>
14/05/2012
Cristi Iftime faise co premio internacional de Curtocircuíto
A novena edición do festival Curtocircuíto fechaba portas o pasado venres coa entrega dos seus premios. O romanés Cristi Iftime, co filme
15 iulie (
15 de xullo) obtivo o galardón na sección internacional, mentres
Tuba Atlantic do noruegués Witzo Jaquier fíxose co Premio do Público. O británico Joseph Pierce, co seu
The Pub impúxose na categoría de animación, e na sección de curtas galegas venceu Sonia Méndez con
Conversa cunha muller morta..
Amplía a nova>>
09/05/2012
O Festival de Cans presenta a súa IX edición
Entre o 23 e o 26 de maio, Cans, en Porriño, acollerá a IX edición do seu festival de cinema. Un total 18 curtas competirán no evento, que acollerá tamén unha sección centrada no traballo de galegos residentes no exterior. Entre as proxeccións, poderá verse
Personal movie, o novo traballo de Héctor Carré, así como escenas inéditas de
Engurras e
Tralas luces, e fragmentos de filmes en desenvolvemento. Entre as novidades da edición, a organización destaca Cans Voulevar, un espazo que acollerá actuacións musicais e un mercadiño..
Amplía a nova>>
04/05/2012
Filmax supera o concurso de acredores
Filmax entrara en concurso de acredores en xullo de 2010 pero conseguiu solucionar a situación chegando a un acordo con nove bancos que representan o 59% do pasivo ordinario. Segundo informou onte o Clúster Audiovisual Galego, este acordo representa a "continuidade" da compañía e Filmax recuperará a plena capacidade para gobernar a empresa e continuar a súa actividade. Un dos principais problemas cos que se atopara a negociación fora o cálculo dos importe económico dos amplos fondos audiovisuais de Filmax..
Amplía a nova>>
03/05/2012
Valentín Paz Andrade en vídeo
Segundo se achega o Día das Letras van aparecendo novos contidos encol Valentín Paz Andrade. Deste xeito, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) presentan unha guía de recursos didácticos nos que recuperan unha serie de producións videográficas encol do homenaxeado. Para alén de traballos audiovisuais escolares, o web recolle a canle de Youtube na que se amosan os vídeos da exposición que se lle dedica a Paz Andrade, con diferentes entrevistas encol da súa persoa. .
Amplía a nova>>
03/05/2012
A lingua fóra de plano
É coñecido que a presenza da lingua galega nas salas comerciais de cinema é minoritaria. No entanto, unha análise a partir dos datos de axenda do soportal AVG de Culturagalega.org, amosa que a nosa lingua tampouco acada máis do que unha representación anecdótica nos circuítos alternativos. Festivais, cineclubes ou ciclos non proxectan máis que un 22,4% de filmes na nosa lingua, unha porcentaxe que aínda se reduce máis se temos en conta algúns factores..
Amplía a nova>>
02/05/2012
Arrinca Curtocircuito
Coa banda municipal de Santiago de Compostela poñéndolle música á curta de Charles Chaplin "The Pawnshop", arrincará hoxe ás 20 h. no Teatro Principal de Santiago o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Comopostela (Curtocircuíto). Será esta a novena edición do evento, que nesta ocasión discorrará en Compostela, con programación oficial e paralela, entre o 2 e o 11 de maio de 2012. Cine social, entretemento, animación,documentalismo, terror, intimismo... son algúns dos valores do evento. .
Amplía a nova>>