Novas | 2051 a 2060 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

02/05/2012
O telefilme Eduardo Barreiros gaña o Festival WorldFest de Houston

Eduardo Barreiros, o Henry Ford español, acadou o Premio Platino á mellor película para televisión na 45ª edición do Festival Internacional de Cine Independente WorldFest de Houston. A película foi seleccionada entre producións de 37 países e automaticamente accede á selección oficial do Festival de Seúl. A película está producida por Continental Producciones e Salero Films coa participación da TVG entre outras cadeas. Por outra banda, a serie Matalobos, producida por Voz TV para a Televisión de Galicia, recibiu o premio Circom á mellor ficción de televisión, que outorga a organización europea de televisións públicas rexionais. . Amplía a nova>>

30/04/2012
O Ourense Film Festival anuncia o seu adiamento

A Deputación de Ourense era un dos puntais orzamentarios do consorcio de institucións promotoras do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF): en 2011 o organismo provincial contribuíra ao orzamento con 90.000 euros, segundo informa unha nota de prensa remitida hoxe polo Festival. A ausencia dos membros da Deputación no pleno do Consello Reitor do Festival de Cine e a súa decisión de abandonar o consorcio "condiciona xuridica e economicamente a celebración do OUFF", segundo Isabel Pérez, presidenta do Consorcio e concelleira de cultura de Ourense. Pérez vencella a celebración dunha nova edición do Festival de Cine Internacional “á posibilidade de que o Concello asuma a súa organización, pero nunca o Consorcio”.. Amplía a nova>>

30/04/2012
O sexo dos anxos faise con dous galardóns no Festival de Cine de Málaga

A película O sexo dos anxos, dirixida por Xavier Villaverde e producida por Continental, fíxose este sábado con dous galardóns no Festival de Cine de Málaga: a Biznaga de prata ao mellor actor de reparto (Álvaro Cervantes) e á mellor fotografía (Sergi Gallardo). O audiovisual galego tamén recibiu o Premio Especial do Xurado na categoría de curtametraxes por Anacos, de Xacio Baño, e unha mención especial por O sapateiro, dirixida por Seca Gomes e Basilio de Sá.. Amplía a nova>>

30/04/2012
Engurras e Doentes, as grandes triunfadoras do audiovisual galego

900 persoas encheron o Palexco da Coruña para celebrar a noite do audiovisual galego. As longametraxes Engurras e Doentes levaron os máximos galardóns pero a noite estivo moi repartida: Matalobos levou catro galardóns, Tralas luces e Emilia Pardo Bazán, A Condesa Rebelde levaron tres. Nun espectáculo inspirado na crise económica, Antonio Mourelos, presidente da Academia Galega do Audiovisual, reivindicou a importancia da cultura como sector económico e laboral.. Amplía a nova>>

27/04/2012
Antón Reixa vence nas eleccións da SGAE

A candidatura encabezada polo galego Antón Reixa impúxose nas eleccións da Sociedade Xeral de Autores e Editores. Autores Unidos pola refundación obtivo unha maioría simple nas votacións que celebrou onte a entidade, sumando 14 asentos para a xunta directiva, mentres outras dúas formacións reparten os 16 postos restantes. Reixa deberá agora negociar coas outras candidaturas para artellar unha directiva unitaria. O galego conseguiu estes resultados cunha campaña na que chamaba á rexeneración da principal entidade de xestión de dereitos do Estado.. Amplía a nova>>

26/04/2012
O audiovisual reclama unha política pública clara para o sector

A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego, integrada pola Asociación de Actores de Galicia (AAAG), a Asociación de Técnicos (ATEGA), a de Directores (CREA) e a de Guionistas (AGAG) asina o manifesto no que o sector reclama unha nova política pública neste ámbito. O texto denuncia a desaparición das axudas ao talento, que estes colectivos consideran "a liña de axudas que, con menor investimento, maiores beneficios xerou no sector". Canda a isto, solicitan que se clarifiquen as liñas da política audiovisual da Xunta e en qué organismo recaerán as competencias neste ámbito.. Amplía a nova>>

26/04/2012
Comeza o VIII Festival Redondela en Curto

Cunha marca de participación de 545 filmes presentados, o VIII Festival Redondela en Curto comeza hoxe a súa andaina. En total serán 16 filmes os que se proxectarán no Multiusos de A Xunqueira, mais os oito filmes que farán parte da sección alternativa, que acolle a Disco Tasca. Entre outras novidades, o evento acollerá a estrea do filme 23 da galega Helena Villares Gallardo. Fronte á alta participación, a organización detectou un descenso acusado de filmes de animación e de producións galegas á hora de facer a selección.. Amplía a nova>>

24/04/2012
O IX Curtocircuíto terá a Rumanía como país convidado

Entre o 2 e o 11 de maio Compostela acolle a IX Edición de Curtocircuíto, o festival dedicado aos formatos máis breve do audiovisual. Desta volta, o evento conta con Rumanía como país convidado, que protagonizará unha mesa redonda e boa parte das proxeccións da sección pararela. A concurso, un total de 100 fitas, seleccionadas entre as 2.645 que se enviaron desde 91 países. Para alén de proxeccións, o evento acollerá actividades formativas e un ciclo de oito concertos.. Amplía a nova>>

23/04/2012
Os cineclubes incrementaron a súa actividade en 2011

A Federación de Cineclubes de Galicia celebrou esta fin de semana a súa asemblea anual e ofreceu algúns datos de balance de 2011. En primeiro lugar, a Federación acadou un convenio coa Axencia Galega de Industrias Culturais por 24.000 euros para proxectar "obras que son dificultosas de chegar á carteleira cinematográfica", segundo declarou o presidente da Federación, Manuel Precedo. A Federación actuará como central de compras para obter filmes deste tipo. Por outra banda, a Federación resaltou que no 2011 incrementáronse en 80 as proxeccións con respecto ao ano pasado e que o filme máis visto na rede de cineclubes foi 18 comidas de Jorge Coira. O cineclube que máis actividades programou en 2011 foi o Cineclube Pontevedra e o que tivo unha media de asistencia máis alta foi o Padre Feijóo de Ourense, con 330 persoas por sesión.. Amplía a nova>>

19/04/2012
As axudas á produción audiovisual manteñen a súa contía en 2012

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega. Un total de 2.900.000 euros distribuiranse entre os proxectos audiovisuais producidos ou coproducidos no noso país. A contía é a mesma que na convocatoria do pasado ano, e cubrirá a fondo perdido ata o 50% do investimento subvencionable de longametraxes, filmes para televisión, óperas primas ou longas documentais. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org