A película O sexo dos anxos, dirixida por Xavier Villaverde e producida por Continental, fíxose este sábado con dous galardóns no Festival de Cine de Málaga: a Biznaga de prata ao mellor actor de reparto (Álvaro Cervantes) e á mellor fotografía (Sergi Gallardo). O audiovisual galego tamén recibiu o Premio Especial do Xurado na categoría de curtametraxes por Anacos, de Xacio Baño, e unha mención especial por O sapateiro, dirixida por Seca Gomes e Basilio de Sá.
As producións en AVG
As producións en AVG