Cunha marca de participación de 545 filmes presentados, o VIII Festival Redondela en Curto comeza hoxe a súa andaina. En total serán 16 filmes os que se proxectarán no Multiusos de A Xunqueira, mais os oito filmes que farán parte da sección alternativa, que acolle a Disco Tasca. Entre outras novidades, o evento acollerá a estrea do filme 23 da galega Helena Villares Gallardo. Fronte á alta participación, a organización detectou un descenso acusado de filmes de animación e de producións galegas á hora de facer a selección.
Programa de Redondela en Curto 2012.