Un fotógrafo (Antonio López) que volta a Pacios, a súa aldea natal do Incio, logo de anos, para retratar os seus habitantes. Este é o eixe de Pacios. As fotos da memoria, un documental que segue este proceso de traballo e reflexiona sobre a arte e a recuperación do pasado. Uns dÃas intensos tanto a nivel de traballo como emocionalmente para López e mais para os veciños da aldea.
Manuel Darriba Blanco dirixe este traballo da produtora Tintimán, que se presenta hoxe ás 20 horas en compostela no marco do Festival de Cinema Etnográfico que organiza o Museo do Pobo Galego. Tal e como sinala a presentación do proxecto, aÃnda que en Pacios só viven 20 viciños, o documental non pretende deixar testemuña do declive do rural, senón explorar as vÃas de recuperación da historia persoal. Os interesados, poden velo esta tarde no Museo do Pobo.