12/07/2012
Estréase en Vigo Galicia Caníbal, o musical de Antón Reixa sobre os anos oitenta
Unha rockeira morta, un ERE do metal e un proxecto de divorcio… todo isto aderezado coa banda sonora dos anos oitenta (do Bailaré sobre tu tumba de Siniestro Total ata a inexcusable Galicia Caníbal dos Resentidos, pasando por Malos tiempos para la lírica de Golpes Bajos ou No me beses en los labios de Aerolíneas Federales). O resultado é o músical
Galicia Caníbal,a gran aposta de Antón Reixa para Filmanova Invest deste ano. O espectáculo estréase hoxe en Vigo (Centro Cultural Novacaixagalicia) desde onde partirá para a xira galega de verán con recaladas en Santiago, Vilagarcía e A Coruña. Tras un período en Madrid (de setembro a decembro), iniciará unha xira a principios de 2013 que o levará por varios escenarios do Estado..
Amplía a nova>>
12/07/2012
Os filmes Arraianos e Polvo debutan no Festival de Locarno
É unha vila pequena de Suíza pero Locarno convértese nos primeiros días de agosto (este ano o festival celébrase entre o 1 e o 11) nunha das referencias internacionais do cinema de autor. Na programación deste ano destacan dous títulos galegos. Dunha banda, a segunda longametraxe de Eloy Enciso (Meira, 1975) que se inspira na obra teatral
O bosque do escritor coruñés Jenaro Marinhas del Valle. A produción, rodada na fronteira galego-portuguesa nos últimos cinco anos, compite na sección “Cineastas do presente”. Da outra, está
Polvo, a coprodución galego (Tic Tac Producciones), chilena (Fábula) e guatemalteca (Melindrosa Films) que compite na sección internacional. Este filme dirixido por Julio Hernández conta unha historia persoal, a de Alexandra e Ignacio, cando están a rodar un documental sobre a Guerra Civil de Guatemala (1960-1996)..
Amplía a nova>>
10/07/2012
Miguel de Lira recibirá a Insignia de Honra das Xociviga
Do 3 ao 7 de agosto terá lugar as Xociviga 2012. Malia que aínda non se coñece o cartel desta edición, o Cineclube Carballiño deu a coñecer que Miguel de Lira será o homenaxeado este ano, e estará na localidade ourensá o vindeiro día 7 para recibir a Insignia de Honra. Despois do acto de entrega, exhibirase unha das súas curtas. Ademais, para abrir boca, o cineclube organiza entre os días 31 de xullo e 2 de agosto “Cine ó aire libre” no que se proxectarán varias longametraxes..
Amplía a nova>>
10/07/2012
Un curso analiza a creatividade como fórmula ante a crise audiovisual
Como cada ano, Celanova acollerá un curso de verán que pretende servir de lugar de reflexión sobre o audiovisual galego. Nesta ocasión, baixo o título “Crise versus creatividade” pretende analizar as últimas producións audiovisuais galegas e a situación ante o contexto delicado que atravesa o sector. O documental "Tralas luces", a longametraxe “O sexo dos anxos” (Xavier Villaverde) e a curta "Birdboy" (Pedro Rivero e Alberto Vázquez) son algúns dos títulos dos que se falará nesta cita. Como novidade, o curso incluirá a realización dun documental que implicará tamén a Escola Superior de Arte Dramática de Vigo, no que catro actores participarán na rodaxe. O curso, organizado pola Universidade de Vigo, a Fudnación Carlos Casares, desenvólvese entre o 18 e o 20 de xullo..
Amplía a nova>>
09/07/2012
Toño Casais preside a Asociación de Actores buscando potenciar a plataforma da artes escénicas
A asamblea da Asociación de Actores e Actrices de Galicia votou este domingo a Toño Casais como o seu novo presidente. Era unha candidatura proposta polo seu antecesor, Antonio Durán “Morris”, polo que a nova xunta directiva mantén nomes da anterior, xunto con novas caras do sector escénico. Toño Casais asegura que entre as liñas claves do seu mandato destaca “permanecer na plataforma das arte escénicas como unha ferramenta de loita diante das institucións”, continuar defendendo os intereses do sector a través da súa participación no Consello Reitor de Agadic diante dunha situación que cualificou como “dramática para o sector”. Ademais, a implicación activa na celebración do Día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, así como presiona pola celebración da feira das artes escénicas. .
Amplía a nova>>
05/07/2012
Comeza a programación de verán do Festival de Cine de Ourense
Historias cotiás, relacións humanas, moito humor e en formato breve. Son os ingredientes de
Baixo as Estrelas 2012, a programación de verán paralela ao Festival de Cine de Ourense. En medio das dúbidas sobre a continuidade do encontro trala anunciada disolución do Consorcio (entre a Deputación e o Concello de Ourense) que organizaba este encontro, mantense a programación de verán. O Baixo as Estrelas, en colaboración con Promofest, terá lugar todos os venres de xullo e agosto. A asistenza é de balde e a última sesión acollerá algunha sorpresa. .
Amplía a nova>>
29/06/2012
Arquitectura dixital, animación e novas oportunidades na nova edición de Mundos Dixitais
O Centro Sociocultural Novacaixagalicia da Coruña acollerá entre o 4 e o 7 de xullo da XI edición do Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais, Videoxogos e Arquitectura Dixital. Manuel Meijide, director do Festival, salientou que "dentro do programa desta undécima edición son salientables as numerosas presentacións, en primicia, das tecnoloxías máis innovadoras desenvolvidas en producións nacionais e internacionais". Material inédito de
Brancaneves e a lenda do cazador,
Prometheus, alumando o mundo dos aliens ou
Zombeer serán algunhas das producións das que se poderán ver primicias. .
Amplía a nova>>
25/06/2012
Igualdade e o Consello da Cultura colaboran para visibilizar a creación das mulleres
Conseguir unha maior visibilidade da presenza da muller na creación artística. Este é o obxectivo do acordo que asinaban esta mañá a secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella e mais o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, na sede desta institución. O documento contempla a coordinación para celebrar a II edición, o vindeiro mes de novembro, do ciclo
Creadoras galegas de imaxe, que se celebrará en Ourense e Ferrol e amosará o traballo de dez cineastas..
Amplía a nova>>
21/06/2012
Unha campaña reclama a recuperación das Axudas ao Talento
A non convocatoria, este ano, das Axudas ao Talento que convocaba a Axencia Galega das Industrias Culturais no ámbito audiovisual, está a motivar protestas. Logo de publicar o pasado mes de marzo un manifesto asinado por 41 dos creadores que se beneficiaran en anos anteriores esta liña, algúns dos afectados convocaron para o vindeiro 28 de xuño unha xuntanzan en Compostela con vistas a coordinar accións. Os promotores reivindican a importancia destes apoio, que deron pé a traballos de grande proxección. Segundo recolle
Praza, AGADIC anunciou a súa intención de convocar a finais deste ano estas axudas, aínda que a situación de crise e a redución xeral de orzamentos para o sector fai que o xeito no que se realice a convocatoria sexa aínda incerto..
Amplía a nova>>
19/06/2012
Os filmes que nos retratan
O cinema etnográfico ten boa saúde en Galicia. Malia á crise que afecta o sector audiovisual e á relativa debilidade deste tipo de investigación no país, non son poucas as producións nas que os nosos creadores abordan esta temática. Á hora de as amosar ao público, téñeno máis difícil. A xa consolidada Mostra de Cinema Etnográfico que organiza o Museo do Pobo preséntase como a cita fundamental para se achegar a este xénero..
Amplía a nova>>