24/07/2012
TVG celebra o Día de Galicia proxectando producións audiovisuais galegas
Cada 25 de xullo, co gallo do Día de Galicia, a TVG prepara para emisión dalgunha das producións nas que participa. Este ano, son tres os títulos que destacan na “programación especial”. A emisión comeza o 24 cunha gala musical, aínda que o prato forte das programación é o día 25 a partir das 15:15 coa estrea de
Letras de Galicia, un documental que percorre a historia da literatura galega desde a Idade Media ata hoxe. A continuación emitirá o telefilme
Vacas, porcos e zapatos de tacón. Pecha a programación a estrea para televisión de
The way, o filme dirixido por Emilio Estévez e protagonizado por Martin Sheen sobre o camiño de Santiago..
Amplía a nova>>
23/07/2012
Cine para escoitar
Non é a primeira vez que Fernando Vázquez Arias, se interesa por achegar a cinematografía ao repertorio das formacións músicais. Fíxoo coa Banda de Lalín, coa que chegou a publicar varios discos. Agora, á fronte da Orquestra Sinfónica de Melide, propón o ciclo
Concertos de verán 2012 Bandas Sonoras. Son tres concertos (Carballo o 27 xullo; A Coruña o 5 agosto e Melide o 15 agosto) que se desenvolverán ao aire libre e co apoio de Agadic. O ciclo inclúe a participación como solistas de Susana de Lorenzo, Irene Ruíz e Belén Rey, ademais do grupo rock The Cerne e do Ballet Atlántico..
Amplía a nova>>
23/07/2012
Televisión de Galicia prepara unha película sobre o roubo do Códice Calixtino
O robubo e posterior recuperación do Códice Calixtino terá versión televisiva. A Televisión de Galicia, a través dunha nota de prensa, anuncia que a cadea “está a preparar o proxecto” para facer un telefilme. Nese comunicado asegura que a entidade “xa encargou os primeiros estudos técnicos sobre o formato que tería a produción”, ao tempo que asegura que está a buscar “fórmulas de financiamento do proxecto”. .
Amplía a nova>>
19/07/2012
A Xunta convoca o concurso para o servizo da oficina da TDT
A entidade naceu en 2008 co obxectivo de ser a reponsables de coordinar as iniciativas (públicas e privadas) arredor da Televisión Dixital Terrestre (TDT) en Galicia. Agora, a Xunta acaba de convocar un novo concurso para continuar co servizo por importe de 218.000 euros (en 2008 foron 210.000). Esta Oficina está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (80% de cofinanciamento). .
Amplía a nova>>
19/07/2012
As asociación profesionais do audiovisual galego rexeitan a suba do IVE para o sector
A suba do IVE do 4 ao 21% das entradas a espectáculos culturais (cines, teatros, circos, concertos, bibliotecas, museos, exposicións) aprobado o venres pasado acaba de ser rexeitado polos profesionais do sector audiovisual. As asociacións de Actores (AAAG), Directores (CREA), Guionistas (AGAG) e Técnicos (ATEGA) fixeron público un comunicado no que expresan o seu “malestar” e séntense un “sector especialmente maltratado polos recortes da administración”. Cuantifican o incremento para o sector cultural nun 150%, mentres que noutros sectores ronda o 20%..
Amplía a nova>>
18/07/2012
A Semana de Cine de Lugo homenaxea ao director e produtor Ricardo Núñez
Ricardo Núñez (Betanzos, 1904 - Palma de Mallorca, 1998) foi actor, director e produtor. Na súa filmografía destacan máis duns corenta títulos tanto como director como produtor entre España e Arxentina, onde emigrou nos anos corenta. Núñez é o vindeiro homenaxeado da Semana de Cine de Lugo cunha serie de proxeccións así como unha exposición no Museo de Lugo sobre a súa figura. A cita, organizada polo cineclub fotocinematográfico Fonmiñá, terá lugar do 17 ao 22 de setembro. Aínda que non se deu a coñecer a programación oficial, avanzaron que contará fiel ao seu esquema, con oito ciclos de películas (Infantil, o mellor do ano, curtas –sección oficial, sección oficial, cine e radio e “E para comer, Lugo”) nun total de 42 sesións. .
Amplía a nova>>
17/07/2012
Dezaoito proxectos benefícianse das axudas a produción audiovisual
A páxina web de Agadic acaba de facer pública listaxe de beneficiarios da única das liñas de axudas convocadas para o sector audiovisual ata o momento: a de produción ou coproducións audiovisuais. Un total de 18 proxectos recibirán os 2.878.390,83 desta convocatoria entre as categorías de longametraxes cinematográficas, opera prima, telefilmes ou os dous tipos de longametraxes documentais (de creación ou difusión cultural). Entre os títulos seleccionados figuran as adaptacións cinematográficas de
A esmorga (por Vía Láctea Films, SL que recibe a contía máis alta con 334.369.75 euros) ou a banda deseñada
Psiconautas (que recibiu en 2008 unha axuda a desenvolvemento de guión).
Lobos Sucios, de Adivina Producciones ou
Somos xente honrada de Vaca Films Studio SL son outros dos títulos beneficiarios de subvención. .
Amplía a nova>>
17/07/2012
Luís Tosar participará na segunda longametraxe de Emilio Aragón
Despois da súa ópera prima,
Pájaros de papel, Emilio Aragón (La Habana, 1959) está a preparar o seu segundo traballo como director. De momento son poucos os detalles que se coñecen deste traballo que se rodará este verán nos Estados Unidos. Entre os nomes confirmados está o dos galegos Luís Tosar (Lugo, 1971) e Javier Gutiérrez. Canda eles, figuran Angie Cepeda e Robert Duvall, que tamén está involucrado na produción xunto ao propio Emilio Aragón. .
Amplía a nova>>
16/07/2012
Vaca Films traballa seu vindeiro thriller, O neno, con Tosar como protagonista
Luís Tosar como protagonista, Vaca Films como produtora, Daniel Monzón como director e coguionista xunto con Jorge Guerricaechevarría asinaron en 2009, o éxito Cela 2011. Agora ese equipo volve repetir aposta con
O neno. Trátase dun filme coproducido con Telecinco, Ikiru Films e a francesa La Ferme Produccions que acaba de recibir unha achega de 650.000 euros do fondo de Consello de Europa. O filme ten previsto iniciar a súa rodaxe a principios de 2013 e chegar a carteleira a final dese mesmo ano. Conta a historia dun neno que comeza trapicheando con droga acaba por converterse nun dos principais traficantes do país, ao amparo dunha policía corrupta..
Amplía a nova>>
16/07/2012
O Festival de Ourense reduce a sección competitiva a longametraxes
As longametraxes foron sempre o “buque insignia” do Festival Internacional de Cine de Ourense, por iso é o único xénero que se mantén neste certame que cumpre dezasete edicións. A cita, que se desenvolverá do 2 ao 11 de novembro, reduce o seu modelo competitivo só a longametraxes aínda que desde a organización aseguran que manterán outros ciclos de exhibición. Así o decidiu o Consello Reitor do OUFF reunido o pasado venres nos que se barallaron outras fórmulas e modelos de festival. Este foi un ano especialmente complicado para a entidade, xa que en xaneiro a Deputación de Ourense aprobou a saída do Consorcio que conformaba co concello. Alén da publicación das bases, cuxo prazo de recepción abre hoxe, o festival mantén activa a súa sección OUFF Escola, actividade dirixida á comunidade escolar..
Amplía a nova>>