TVG celebra o Día de Galicia proxectando producións audiovisuais galegas

Estrea The way, o filme de Emilio Estévez sobre o Camiño de Santiago

Cada 25 de xullo, co gallo do Día de Galicia, a TVG prepara para emisión dalgunha das producións nas que participa. Este ano, son tres os títulos que destacan na “programación especial”. A emisión comeza o 24 cunha gala musical, aínda que o prato forte das programación é o día 25 a partir das 15:15 coa estrea de Letras de Galicia, un documental que percorre a historia da literatura galega desde a Idade Media ata hoxe. A continuación emitirá o telefilme Vacas, porcos e zapatos de tacón. Pecha a programación a estrea para televisión de The way, o filme dirixido por Emilio Estévez e protagonizado por Martin Sheen sobre o camiño de Santiago.