Novas | 2001 a 2010 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

17/08/2012
O filme de Tic Tac Producións, Polbo, competirá na sección oficial de Toronto

Tralo paso por festivais como o de cinema de autor de Locarno, o filme producido por Tic Tac Producións, Polbo, continúa o seu percorrido. A seguinte cita é o festival internacional de Toronto,un dos encontros (polo festival e pola seccio´n de mercado) máis prestixiosos do mundo e que se desenvolverá entre o 6 e o 16 de setembro. O filme dirixido por Julio Hernández Cordón desenvolveuse nunha das xuntanzas das Session Residence of Cinfondation e nos prestixiosos seminarios do EAVE. O filme conta a historia dun equipo que, mentres producen un documental sobre a guerra en Comalapa, contactan con Juan, fillo dun represaliado que coñece á persoa que delatou a seu pai. . Amplía a nova>>

14/08/2012
A cifra contra a cultura

O 2011 non foi un ano especialmente bo para a cultura que rexistra un descenso de espectáculos, asistentes e recadación en todos os frentes. Así o reflexa o Anuario da SGAE 2012 que cuantifica as cifras da cultura en 2011. Era o ano despois do Xacobeo, co que o descenso en todas as cifras era inevitable, pero confirma o retroceso de volume de actividade, asistencia e recadación dos diferentes sectores culturais. . Amplía a nova>>

10/08/2012
Destacada presenza galega no Festival de Cine Español de Londres

Tralas luces de Sandra Sánchez, O apóstolo de fernando Cortizo ou a coprodución galega Lobos de arga, xunto coas curtametraxes de Xacio Baños Anacos e Estereoscopía figuran na programación central do Festival de Cine Español de Londres (28 setembro-10 de outubro). Non son os únicos títulos xa que no marco da programación destinada a exhibir unha escolma do audiovisual catalán (hai outra do audiovisual vasco) está O sexo dos anxos, de Xabier Villaverde, coproducida entre Continental Producciones , CCFBR e Dream Team Concept, que se exhibirá en catalán e español con subtítulos en inglés. Pero o protagonista indiscutible do audiovisual galego nesta cita é Luis Tosar que protagoniza un ciclo monográfico. No marco deste programa proxectaranse sete títulos dos actor lucense. O propio Tosar estará en Londres para falar da súa traxectoria profesional, antes da proxección de Mentras durmes, o seu último filme.. Amplía a nova>>

10/08/2012
Ignacio Vilar é finalista a mellor director no Festival de Cine de Nova York por Vilamor

Hoxe arrinca en Nova York unha nova edición do seu New York City International Film Festival, unha cita que ten entre os 23 títulos seleccionados, unha película galega. Trátase de Vilamor, o último filme de Ignacio Vilar que conta a historia dun escritor que regresa á súa infancia natal co soño de recuperala pero cunhas ideas que non son do agrado de todos. O filme, que se proxectará o sábado 11 ás 7:45 PM (Tribeca Cinema 2, hora americana) participa na sección oficial de longametraxes de ficción, como a mellor director (para Ignacio Vilar). Unha delegación do filme está en Nova York para presentar o título. O encontro cumple tres ano e foi creado polo actor, director e guionista Roberto Rizzo (Trust me, Couples, Fascination ou o piloto de television Connecticut Cooking&Conversation) co obxectivo de darlle a emerxentes creadores a súa oportunidade de exhibir os seus traballos en Nova York. Este ano a cinematografía turca é a protagonista do encontro que se desenvolve entre o día 10 e o 13.. Amplía a nova>>

03/08/2012
Arrincan as Xociviga homenaxeando a Miguel de Lira e a Anxo Santomil

Hoxe comezan oficialmente as Xociviga, as xornadas de cine e vídeo de Galicia cunha dilatada traxectoria e relevancia na historia do audiovisual galego. Precisamente, recuperando ese valor histórico que teñen estes encontros, os organizadores decidiron concederlle a insignia de ouro a Anxo Santomil, director e activo colaborador deste encontro en numerosas ocasións. O Cineclube Carballiño organiza o encontro deste ano que contará coa proxeccións tanto en 35 milímetros, como en DVD nunha programación na que hai actividades para todos os públicos. Alén do ciclo infantil, proxectarase títulos de cinema independente e hai oco para o audiovisual galego. Entre os títulos destaca Personal movie último filme de Héctor Carré que clausura o certame o día 7 de agosto. A cinta chega ao Carballiño logo de ser vista unicamente no Festival de Cans e está protagonizada por Miguel de Lira, actor que recibie este ano a Xociviga de Honra. . Amplía a nova>>

02/08/2012
Vilamor proxectarase en preto de corenta concellos da man de Redecinema

Redecinema é unha das actividades que se integran dentro da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) un proxecto de promoción da lingua impulsado pola Secretaría Xeral de Normalización. E no marco deste programa exhibirase o filme galego Vilamor en preto de corenta localidades. Malia que é un programa organizado pola Secretaría Xeral, conta co apoio económico das catro deputacións. Segundo informan desde a Consellaría de Cultura e Educación, a iniciativa está sen pechar e poderían incorporarse máis títulos a este proxecto que de momento ten confirmadas dez localidades en Ourense e dezasete na Coruña.. Amplía a nova>>

02/08/2012
R e Casa de Tolos colaboran para emitir un centenar de concertos e catro documentais

Música tolemias é o nome dunha canle de subscrición gratuíta na que se poden ver, baixo demanda (VOD) da carta da plataforma de Televisión R 25 concertos gravados en vivo ao longo da xeografía galega e de distintas temáticas musicais. Este proxecto ampliarase en 80 concertos máis grazas a un acordo que asinaron as compañías R e Casa de Tolos, impulsado polo Clúster do Audiovisual (CLAG) baixo o nome de “creación de canles temáticas VOD”. Non será a única colaboración entre estas entidades, xa que coproducirán catro documentais que levarán os seguinte títulos: A música: Alma e Industria, O rock noso de cada día, De voces Ceibés a Milladoiro e Música e lendas arredor das Cíes. Estes catro documentais tamén se poderán ver na canle de subscrición de Televisión R. . Amplía a nova>>

31/07/2012
Cancélase a Mostra de Ciencia e Cinema

Este ano non haberá Mostra de Ciencia e Cinema. Este evento dedicado á novena arte científica non chegará a súa quinta edición por mor de "problemas orzamentarios" segundo adianta a Asociación de Amigos da Casa da Ciencias no web do evento. A edición estaba programada para o vindeiro mes de novembro, e segundo recolle El Ideal Gallego a tardanza do Concello en verificar o seu apoio ao programa fai que non teñan tempo para preparar a nova xeira. . Amplía a nova>>

31/07/2012
Os fenómenos

Malia que no web do Ministerio de Cultura só figuran dúas producións con participación galega en fase de rodaxe ao longo deste 2012, o certo é que hai bastantes máis. Non chegan ás cifras de hai catro anos, cando a produción audiovisual galega acadou máximos históricos (chegaron a facerse 18 longametraxes nun ano). Con todo, as produtoras fan forzas de flaqueza e preparan proxectos de todo tipo.. Amplía a nova>>

30/07/2012
Dous filmes representan o audiovisual galego en San Sebastián

O 60 Festival de Cine de San Sebastián, que se celebra entre o 21 e o 29 de setembro, contará con dous filmes galegos en competición. Por unha banda, Operación E, producida por Zircozine e con Luís Tosar e Farruco Castromán ante a cámara será unha das cinco películas que compitan na sección Zabaltegui Especiales. Canda a ela, Os incribles, producido por Frida Films e dirixida polo alacantino David Valero, optará ao premio na sección de Novos Directores.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org