Dous filmes representan o audiovisual galego en San Sebastián

Operación E compite na Zabaltegi Especiales e Os incribles na de novos directores

O 60 Festival de Cine de San Sebastián, que se celebra entre o 21 e o 29 de setembro, contará con dous filmes galegos en competición. Por unha banda, Operación E, producida por Zircozine e con Luís Tosar e Farruco Castromán ante a cámara será unha das cinco películas que compitan na sección Zabaltegui Especiales. Canda a ela, Os incribles, producido por Frida Films e dirixida polo alacantino David Valero, optará ao premio na sección de Novos Directores.