21/10/2024
Aumenta o orzamento de apoio ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais
A Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic), publica hoxe no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que amplía o financiamento asignado ás axudas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais convocadas o pasado mes de agosto. Esta liña de apoio as tarefas previas á produción de proxectos galegos de longametraxes e series tanto de ficción, como de animación ou documentais contaba cun orzamento inicial de 300.000 euros , o mesmo que no ano 2023, e agora vese incrementado ata os 440.000 euros nesta nova resolución que inclúe unha nova distribución bianual..
Amplía a nova>>
21/10/2024
O VII Intersección achega á Coruña 70 filmes de 13 países
Este 22 de outubro bota a andar na Coruña a sétima edición do Intersección. O Festival Internacional de Cinema conta nesta xeira cun total de 70 filmes de 13 de países, dos cales 42 competirán nas tres categorías a concurso ata o vindeiro 26 de outubro. Dentro destes, inclúense cinco estreas mundiais e oito estatais..
Amplía a nova>>
21/10/2024
Chus Pato e Jaione Camborda entre os galardoados na Fundación Premios da Crítica
A Fundación Premios da Crítica entregou este sábado en Vigo, tralas deliberacións dos setenta membros do xurado, os galardóns da XLVIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia. Os galardóns foron para Chus Pato (Creación Literaria), o grupo de investigación dirixido por Alicia Estévez polas súas investigacións sobre un xene marcador do cancro de colon, en Investigación en Ciencias e Tecnoloxía, o proxecto "Nomes e voces" para a Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades, a Orquestra Vigo 430 en Música, o programa Efervesciencia no ámbito de Iniciativas Culturais e Científicas, Almudena Fernández Fariña na categoría de Artes Plásticas, a compañía de títeres Tanxarina no ámbito de Artes Escénicas, Jaione Gamborda no ámbito de Cine e Artes Audiovisuais, a Feira do queixo de Friol e pan de Ousá no de Cultura Gastronómica e o podcast Café Derby 21 no ámbito da Cultura Dixital..
Amplía a nova>>
17/10/2024
O festival Curtas achega a Vilagarcía quince estreas mundiais
O Curtas, Festival do Imaxinario de Vilagarcía, presentou este 16 de outubro a súa 52 edición. Desta volta, o programa achegará un total de 113 filmes de 31 países, dos que 86 son curtametraxes e 27 filmes de longa duración. Entre estes, atópanse nada menos que 15 estreas mundiais e 99 producións inéditas a nivel estatal. .
Amplía a nova>>
15/10/2024
Vigo acollerá un festival de curtametraxes que se cancelou en Alacante
Onte presentouse en Vigo a primeira edición do Festival Internacional de Cine Marengo Fest, un evento organizado pola empresa alacantina Marengo Producciones e a academia de interpretación actoral ACT, con sedes en Elche, Madrid e Vigo, que conta co apoio do Concello de Vigo. O Auditorio Municipal será escenario, do 7 ao 10 de maio de 2025, deste evento que arestora conta xa conta xa coa inscrición de 355 curtametraxes de distintas nacionalidades e ten o prazo de inscrición aínda aberto ata o 14 de febreiro de 2025, segundo avanzou este luns o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, que participou na presentación. O xurado anunciado estará conformado por "recoñecidas persoas do sector audiovisual a nivel nacional", como a directora de cine e guionista, Gracia Querejeta; o realizador, Carlos Sedes; o director José Manuel Carrasco; os actores Miguel Rellán, Lupe Carité e Fernando Soto; o actor e guionista, Fernando Guillén Cuervo, e a directora de casting, Conchi Iglesias. .
Amplía a nova>>
15/10/2024
Premio de honra CREA para Patricia Ferreira a título póstumo
A Asociación Galega de Profesionais da Dirección e da Realización CREA ven de repartir os seus galardóns anuais, que inclúen nove premios, incluído un honorífico. Neste caso o Premio de Honra tivo carácter póstumo ao ser para a desaparecida realizadora madrileña de orixe galega Patricia Ferreira (Madrid, 1958 -2023), o recoñecemento foi recollido por Carme Rábade nunha cerimonia que tivo lugar na Sala Riquela de Santiago de Compostela. Outro dos nomes desta edición dos galardóns foi o da directora Jaione Camborda, cuxo filme 'O Corno' obtivo o Premio a Mellor longametraxe de ficción e ela acadou a Mención Especial DAMA á internacionalización do audiovisual galego. O galardón á Mellor Longametraxe documental de CREA foi para a realizadora Area Erina pola súa
ópera prima 'Aurora' (Gaita Filmes) historia na que dúas mulleres, Aurora e Area, de idades e experiencias distintas, crean unha relación íntima de conversas sobre a morte, a familia, a guerra ou o papel da muller ao longo de dez anos..
Amplía a nova>>
14/10/2024
Manuel Lourenzo e Marta Pazos danlle sabor escénico aos Premios da Cultura Galega
Na tarde do venres 11 de outubro, a Xunta de Galicia daba a coñecer o fallo dos Premios da Cultura Galega de 2024. Nesta xeira, as táboas conseguiron un especial protagonismo, ao levar o dramaturgo, actor e director Manuel Lourenzo o premio na categoría de letras. Canda a el, a directora, actriz e escenógrafa Marta Pazos fíxose co galardón que recoñece o labor no ámbito das artes escénicas..
Amplía a nova>>
11/10/2024
Pontevedra porá case dous millóns de euros para apoiar os Premios Feroz
A celebración en Pontevedra nos anos 2025 e 2026 dos galardóns audiovisuais nacionais Premios Feroz e a programación relacionada con eles custará 800.000 euros (máis IVE) cada ano á arcas municipais. Así queda consignado no convenio asinado onte polo Concello coa Asociación de Informadores Cinematográficos de España, organizadores dos galardóns. O convenio por dous anos cubrirá, ademais da organización da gala do 25 de xaneiro, toda a programación relacionada cos Premios Feroz, incluíndo as diferentes proxeccións, obradoiros e actividades que se organizarán ao redor do evento; unha programación que xa está en marcha. .
Amplía a nova>>
11/10/2024
O VIº Premio Luísa Villalta galardoa oito proxectos pola igualdade
O Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade, convocado pola Deputación da Coruña ten por obxecto o fomento da igualdade mediante a realización de proxectos que usando de calquera disciplina artística (música, literatura, escena, imaxe, arte urbana ...) poñan en valor o papel histórico, económico, social e cultural das mulleres e/ou contribúan de forma relevante ao avance no asentamento social da aposta pola igualdade de xénero, a loita contra a violencia de xénero, a diversidade sexual e interseccionalidade. De entre as 34 propostas presentadas na sexta edición destes galardóns, oito foron os proxectos que acadaron o favor do xurado e que recibirán 12.500 euros cada un. Entre as persoas e entidades galardoadas nesta ocasión están o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a produtora creativa Illa Bufarda e Mala Herba Producións..
Amplía a nova>>
07/10/2024
As olladas máis introspectivas triunfan no 21 º Curtocircuíto
A vixésimo primeira edición do Festival Internacional de Cine CURTOCIRCUÍTO puxo o remate á semana onte cunha gala de clausura celebrada no Teatro Principal onde fíxose público o palmarés completo das tres seccións competitivas do certame así como dos premios especiais. Traballos moi autobiográficos ou de exploración da intimidade propia das realizadoras foron recoñecidos polos diferentes xurados. Na sección dedicada á realización galega, Planeta GZ, copada este ano por traballos de corte documental, o premio foi para a peza 'Humedalia' de Irene Sáenz Carballeira, unha peza de corte autobiográfico, facendo o xurado unha mención especial para 'La fotografía velada' de Sabela Eiriz. Na sección Supernova, dedicada a cineastas emerxentes galegas, o premio levouno a curtametraxe 'Pura', da realizadora e actriz Carmen Méndez, no que acompaña a súa nai e a súa aboa nun percorrido polos recordos que serve de reconciliación coas súas orixes . Este traballo tamén levou o Premio Cátedra Cruz Vermella - USC. .
Amplía a nova>>