A vixésimo primeira edición do Festival Internacional de Cine CURTOCIRCUÍTO puxo o remate á semana onte cunha gala de clausura celebrada no Teatro Principal onde fíxose público o palmarés completo das tres seccións competitivas do certame así como dos premios especiais. Traballos moi autobiográficos ou de exploración da intimidade propia das realizadoras foron recoñecidos polos diferentes xurados. Na sección dedicada á realización galega, Planeta GZ, copada este ano por traballos de corte documental, o premio foi para a peza 'Humedalia' de Irene Sáenz Carballeira, unha peza de corte autobiográfico, facendo o xurado unha mención especial para 'La fotografía velada' de Sabela Eiriz. Na sección Supernova, dedicada a cineastas emerxentes galegas, o premio levouno a curtametraxe 'Pura', da realizadora e actriz Carmen Méndez, no que acompaña a súa nai e a súa aboa nun percorrido polos recordos que serve de reconciliación coas súas orixes . Este traballo tamén levou o Premio Cátedra Cruz Vermella - USC.
Na que é a Sección Oficial Cosmos, de competición internacional, a gañadora desta edición foi a curtametraxe 'It will be better before' de Keto Kipiani, na que a realizadora xeorxiana revisa unhas imaxes gravadas con outra realizadora en 2018 no Observatorio Astrofísico de Abastumani, re-interpretándoas no marco de posibles sentimentos románticos non expresados. Nesta sección outorgáronse tamén o Premio Cosmos á película máis innovadora, que foi para a cinta 'Exit Through the Cuckoos Nest' de Nikola Ilic; mentres que o Premio Cosmos á mellor película española (patrocinado por RC Service) foi para 'Las novias del sur' de Elena López Riera. Esta mesa película acadou tamén o Premio do Público deste 21º Curtocircuíto. O palmarés deste ano complétase co Premio do Novo Xurado, para 'For Here Am I Sitting in a Tin Can Far Above the World', de Gala Hernández e o Premio #OutraCompostela para a peza 'Fontes' de Mario Elías Blanco Boullosa e Andrea Rodríguez Regodeveses.