Onte presentouse en Vigo a primeira edición do Festival Internacional de Cine Marengo Fest, un evento organizado pola empresa alacantina Marengo Producciones e a academia de interpretación actoral ACT, con sedes en Elche, Madrid e Vigo, que conta co apoio do Concello de Vigo. O Auditorio Municipal será escenario, do 7 ao 10 de maio de 2025, deste evento que arestora conta xa conta xa coa inscrición de 355 curtametraxes de distintas nacionalidades e ten o prazo de inscrición aÃnda aberto ata o 14 de febreiro de 2025, segundo avanzou este luns o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, que participou na presentación. O xurado anunciado estará conformado por "recoñecidas persoas do sector audiovisual a nivel nacional", como a directora de cine e guionista, Gracia Querejeta; o realizador, Carlos Sedes; o director José Manuel Carrasco; os actores Miguel Rellán, Lupe Carité e Fernando Soto; o actor e guionista, Fernando Guillén Cuervo, e a directora de casting, Conchi Iglesias.
O mesmo festival, coa mesma composición do xurado, presentouse en xaneiro deste mesmo ano na localidade alacantina de Guardamar, onde tiña prevista a súa celebración a finais do mes de xuño, esta celebración, que non chegou a ser por "falta de dispoñibilidade das instalacións que podÃa o concello ceder", segundo explicou Manuel Hernández, director de ACT e codirector do Marengo Fest, que explica que dada a presencia da súa empresa en Vigo fai sete anos decidiron nese momento falar co concello olÃvico, co que acadaron xa un acordo en abril deste ano, momento no que comezaron as inscricións, segundo afirma Hernández. Entre as novidades que traerá o feito de facelo en Vigo está o de incluÃr unha categorÃa de premios para as producións en lingua galega e o feito de que será a actriz galega EstÃbaliz Veiga a encargada de presentar a gala e outras actividades do festival.
No relativo aos galardóns o certame entregará premios por valor total de 35.000 euros e premiará as mellores curtas nacionais e internacionais con 7.000 euros. Ten establecidas cinco categorÃas de galardóns: fantástico e de terror; animación: realizado en galego, temática social e documental. A estes súmanse os destinados a mellor actor, actriz, dirección, guión e o premio do público. A organización anuncia o desenvolvemento de numerosas actividades en paralelo á celebración do festival, contando xa con actividades a desenvolver na Porta do Sol e outros espazos da cidade. Arestora o apoio dado polo Concello materialÃzase unicamente na cesión das instalacións do Auditorio municipal da Praza do rei, pero desde a organización agardan a unha nova reunión o vindeiro novembro para definir outras posibles achegas do consistorio.