Novas | 1961 a 1970 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

02/08/2012
R e Casa de Tolos colaboran para emitir un centenar de concertos e catro documentais

Música tolemias é o nome dunha canle de subscrición gratuíta na que se poden ver, baixo demanda (VOD) da carta da plataforma de Televisión R 25 concertos gravados en vivo ao longo da xeografía galega e de distintas temáticas musicais. Este proxecto ampliarase en 80 concertos máis grazas a un acordo que asinaron as compañías R e Casa de Tolos, impulsado polo Clúster do Audiovisual (CLAG) baixo o nome de “creación de canles temáticas VOD”. Non será a única colaboración entre estas entidades, xa que coproducirán catro documentais que levarán os seguinte títulos: A música: Alma e Industria, O rock noso de cada día, De voces Ceibés a Milladoiro e Música e lendas arredor das Cíes. Estes catro documentais tamén se poderán ver na canle de subscrición de Televisión R. . Amplía a nova>>

31/07/2012
Cancélase a Mostra de Ciencia e Cinema

Este ano non haberá Mostra de Ciencia e Cinema. Este evento dedicado á novena arte científica non chegará a súa quinta edición por mor de "problemas orzamentarios" segundo adianta a Asociación de Amigos da Casa da Ciencias no web do evento. A edición estaba programada para o vindeiro mes de novembro, e segundo recolle El Ideal Gallego a tardanza do Concello en verificar o seu apoio ao programa fai que non teñan tempo para preparar a nova xeira. . Amplía a nova>>

31/07/2012
Os fenómenos

Malia que no web do Ministerio de Cultura só figuran dúas producións con participación galega en fase de rodaxe ao longo deste 2012, o certo é que hai bastantes máis. Non chegan ás cifras de hai catro anos, cando a produción audiovisual galega acadou máximos históricos (chegaron a facerse 18 longametraxes nun ano). Con todo, as produtoras fan forzas de flaqueza e preparan proxectos de todo tipo.. Amplía a nova>>

30/07/2012
Dous filmes representan o audiovisual galego en San Sebastián

O 60 Festival de Cine de San Sebastián, que se celebra entre o 21 e o 29 de setembro, contará con dous filmes galegos en competición. Por unha banda, Operación E, producida por Zircozine e con Luís Tosar e Farruco Castromán ante a cámara será unha das cinco películas que compitan na sección Zabaltegui Especiales. Canda a ela, Os incribles, producido por Frida Films e dirixida polo alacantino David Valero, optará ao premio na sección de Novos Directores.. Amplía a nova>>

24/07/2012
TVG celebra o Día de Galicia proxectando producións audiovisuais galegas

Cada 25 de xullo, co gallo do Día de Galicia, a TVG prepara para emisión dalgunha das producións nas que participa. Este ano, son tres os títulos que destacan na “programación especial”. A emisión comeza o 24 cunha gala musical, aínda que o prato forte das programación é o día 25 a partir das 15:15 coa estrea de Letras de Galicia, un documental que percorre a historia da literatura galega desde a Idade Media ata hoxe. A continuación emitirá o telefilme Vacas, porcos e zapatos de tacón. Pecha a programación a estrea para televisión de The way, o filme dirixido por Emilio Estévez e protagonizado por Martin Sheen sobre o camiño de Santiago.. Amplía a nova>>

23/07/2012
Cine para escoitar

Non é a primeira vez que Fernando Vázquez Arias, se interesa por achegar a cinematografía ao repertorio das formacións músicais. Fíxoo coa Banda de Lalín, coa que chegou a publicar varios discos. Agora, á fronte da Orquestra Sinfónica de Melide, propón o ciclo Concertos de verán 2012 Bandas Sonoras. Son tres concertos (Carballo o 27 xullo; A Coruña o 5 agosto e Melide o 15 agosto) que se desenvolverán ao aire libre e co apoio de Agadic. O ciclo inclúe a participación como solistas de Susana de Lorenzo, Irene Ruíz e Belén Rey, ademais do grupo rock The Cerne e do Ballet Atlántico.. Amplía a nova>>

23/07/2012
Televisión de Galicia prepara unha película sobre o roubo do Códice Calixtino

O robubo e posterior recuperación do Códice Calixtino terá versión televisiva. A Televisión de Galicia, a través dunha nota de prensa, anuncia que a cadea “está a preparar o proxecto” para facer un telefilme. Nese comunicado asegura que a entidade “xa encargou os primeiros estudos técnicos sobre o formato que tería a produción”, ao tempo que asegura que está a buscar “fórmulas de financiamento do proxecto”. . Amplía a nova>>

19/07/2012
A Xunta convoca o concurso para o servizo da oficina da TDT

A entidade naceu en 2008 co obxectivo de ser a reponsables de coordinar as iniciativas (públicas e privadas) arredor da Televisión Dixital Terrestre (TDT) en Galicia. Agora, a Xunta acaba de convocar un novo concurso para continuar co servizo por importe de 218.000 euros (en 2008 foron 210.000). Esta Oficina está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (80% de cofinanciamento). . Amplía a nova>>

19/07/2012
As asociación profesionais do audiovisual galego rexeitan a suba do IVE para o sector

A suba do IVE do 4 ao 21% das entradas a espectáculos culturais (cines, teatros, circos, concertos, bibliotecas, museos, exposicións) aprobado o venres pasado acaba de ser rexeitado polos profesionais do sector audiovisual. As asociacións de Actores (AAAG), Directores (CREA), Guionistas (AGAG) e Técnicos (ATEGA) fixeron público un comunicado no que expresan o seu “malestar” e séntense un “sector especialmente maltratado polos recortes da administración”. Cuantifican o incremento para o sector cultural nun 150%, mentres que noutros sectores ronda o 20%.. Amplía a nova>>

18/07/2012
A Semana de Cine de Lugo homenaxea ao director e produtor Ricardo Núñez

Ricardo Núñez (Betanzos, 1904 - Palma de Mallorca, 1998) foi actor, director e produtor. Na súa filmografía destacan máis duns corenta títulos tanto como director como produtor entre España e Arxentina, onde emigrou nos anos corenta. Núñez é o vindeiro homenaxeado da Semana de Cine de Lugo cunha serie de proxeccións así como unha exposición no Museo de Lugo sobre a súa figura. A cita, organizada polo cineclub fotocinematográfico Fonmiñá, terá lugar do 17 ao 22 de setembro. Aínda que non se deu a coñecer a programación oficial, avanzaron que contará fiel ao seu esquema, con oito ciclos de películas (Infantil, o mellor do ano, curtas –sección oficial, sección oficial, cine e radio e “E para comer, Lugo”) nun total de 42 sesións. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org