24/08/2012
O Festival de Curtas de Bueu duplica aforo na súa edición máis internacional
Máis traballos feitos por mulleres, máis curtas recibidas (un total de 482), moitas máis temáticas e dobre sesión para dar cabida a todos os asistentes… as previsións da quinta edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu son bastante optimistas no marco do contexto xeral. Nesta ocasión contarán co primeiro xurado conformado por profesionais de fóra de Galicia que serán os encargados de peneirar a mellor curtametraxe merecedora do primeiro e o segundo premio, dotados con 2.000 e 1.000 euros respectivamente. O público, que este ano poderá ver os traballos en dúas sesión (20:00 e 22:00 horas) concederá coas súas votacións un premio valorado en 500 euros. A cita coa curtametraxe está en Bueu do 3 ao 8 de setembro..
Amplía a nova>>
23/08/2012
Comeza a Semana de Cine do Barco
Cinco filmes infantís, cinco españolas e cinco de actualidade. Este é o “menú” da Semana de Cine do Barco, o evento que organiza o cineclube Groucho Marx. A vixésimo segunda edición arrinca mañá venres e prolongarase ata o vindeiro 3 de setembro. Por mor dos recortes orzamentarios, este ano non haberá actividades paralelas. Con todo, segue fiel aos inicios, levando producións audiovisuais recentes e unha oferta variada para todo tipo de público..
Amplía a nova>>
22/08/2012
O cine ponse serio
Problemas existenciais, de noites de esmorga, a evolución do rural galego, historias acaecidas nas minas de wolframio… son moi variadas as temáticas das producións audiovisuais que este ano recibiron apoio por parte de Agadic. Revisamos da man dos seus produtores as liñas argumentais dos proxectos e comprobamos os diferentes estadios de elaboración nos que se atopan. Pouca comedia nunha relación de proxectos marcados por un encontro do cine co medio e coas adaptacións literarias. .
Amplía a nova>>
21/08/2012
O Festival Liceo de Vilagarcía cumpre corenta edicións difundido curtametraxes
É o máis lonxevo de Galicia e un dos máis veterás do Estado. O Festival Liceo de Vilagarcía cumpre corenta anos fiel aos seus principios, que eran os de achegar ao público este formato ao tempo de promover as produción dos novos creadores. A edición deste ano cambia de nome a Curtas Film Fest (mantén a lenda de Certame Audiovisual Internacional Liceo Casino de Vilagarcía) e de datas, xa que se adianta ao mes de agosto (tradicionalmente se celebraba en novembro). Xa se coñecen os finalistas a mellor realizador novel (300 euros máis trofeo), a mellor curta de animación (600 euros máis trofeo) e ao premio grande, a mellor audiovisual (1.000 euros máis trofeo). A cita comeza mañá e estenderase ata o vindeiro sábado, cando terá lugar a gala de clausura..
Amplía a nova>>
17/08/2012
O filme de Tic Tac Producións, Polbo, competirá na sección oficial de Toronto
Tralo paso por festivais como o de cinema de autor de Locarno, o filme producido por Tic Tac Producións,
Polbo, continúa o seu percorrido. A seguinte cita é o festival internacional de Toronto,un dos encontros (polo festival e pola seccio´n de mercado) máis prestixiosos do mundo e que se desenvolverá entre o 6 e o 16 de setembro. O filme dirixido por Julio Hernández Cordón desenvolveuse nunha das xuntanzas das Session Residence of Cinfondation e nos prestixiosos seminarios do EAVE. O filme conta a historia dun equipo que, mentres producen un documental sobre a guerra en Comalapa, contactan con Juan, fillo dun represaliado que coñece á persoa que delatou a seu pai. .
Amplía a nova>>
14/08/2012
A cifra contra a cultura
O 2011 non foi un ano especialmente bo para a cultura que rexistra un descenso de espectáculos, asistentes e recadación en todos os frentes. Así o reflexa o Anuario da SGAE 2012 que cuantifica as cifras da cultura en 2011. Era o ano despois do Xacobeo, co que o descenso en todas as cifras era inevitable, pero confirma o retroceso de volume de actividade, asistencia e recadación dos diferentes sectores culturais. .
Amplía a nova>>
10/08/2012
Destacada presenza galega no Festival de Cine Español de Londres
Tralas luces de Sandra Sánchez,
O apóstolo de fernando Cortizo ou a coprodución galega
Lobos de arga, xunto coas curtametraxes de Xacio Baños
Anacos e
Estereoscopía figuran na programación central do Festival de Cine Español de Londres (28 setembro-10 de outubro). Non son os únicos títulos xa que no marco da programación destinada a exhibir unha escolma do audiovisual catalán (hai outra do audiovisual vasco) está
O sexo dos anxos, de Xabier Villaverde, coproducida entre Continental Producciones , CCFBR e Dream Team Concept, que se exhibirá en catalán e español con subtítulos en inglés. Pero o protagonista indiscutible do audiovisual galego nesta cita é Luis Tosar que protagoniza un ciclo monográfico. No marco deste programa proxectaranse sete títulos dos actor lucense. O propio Tosar estará en Londres para falar da súa traxectoria profesional, antes da proxección de
Mentras durmes, o seu último filme..
Amplía a nova>>
10/08/2012
Ignacio Vilar é finalista a mellor director no Festival de Cine de Nova York por Vilamor
Hoxe arrinca en Nova York unha nova edición do seu New York City International Film Festival, unha cita que ten entre os 23 títulos seleccionados, unha película galega. Trátase de Vilamor, o último filme de Ignacio Vilar que conta a historia dun escritor que regresa á súa infancia natal co soño de recuperala pero cunhas ideas que non son do agrado de todos. O filme, que se proxectará o sábado 11 ás 7:45 PM (Tribeca Cinema 2, hora americana) participa na sección oficial de longametraxes de ficción, como a mellor director (para Ignacio Vilar). Unha delegación do filme está en Nova York para presentar o título. O encontro cumple tres ano e foi creado polo actor, director e guionista Roberto Rizzo (Trust me, Couples, Fascination ou o piloto de television Connecticut Cooking&Conversation) co obxectivo de darlle a emerxentes creadores a súa oportunidade de exhibir os seus traballos en Nova York. Este ano a cinematografía turca é a protagonista do encontro que se desenvolve entre o día 10 e o 13..
Amplía a nova>>
03/08/2012
Arrincan as Xociviga homenaxeando a Miguel de Lira e a Anxo Santomil
Hoxe comezan oficialmente as Xociviga, as xornadas de cine e vídeo de Galicia cunha dilatada traxectoria e relevancia na historia do audiovisual galego. Precisamente, recuperando ese valor histórico que teñen estes encontros, os organizadores decidiron concederlle a insignia de ouro a Anxo Santomil, director e activo colaborador deste encontro en numerosas ocasións. O Cineclube Carballiño organiza o encontro deste ano que contará coa proxeccións tanto en 35 milímetros, como en DVD nunha programación na que hai actividades para todos os públicos. Alén do ciclo infantil, proxectarase títulos de cinema independente e hai oco para o audiovisual galego. Entre os títulos destaca
Personal movie último filme de Héctor Carré que clausura o certame o día 7 de agosto. A cinta chega ao Carballiño logo de ser vista unicamente no Festival de Cans e está protagonizada por Miguel de Lira, actor que recibie este ano a Xociviga de Honra. .
Amplía a nova>>
02/08/2012
Vilamor proxectarase en preto de corenta concellos da man de Redecinema
Redecinema é unha das actividades que se integran dentro da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) un proxecto de promoción da lingua impulsado pola Secretaría Xeral de Normalización. E no marco deste programa exhibirase o filme galego
Vilamor en preto de corenta localidades. Malia que é un programa organizado pola Secretaría Xeral, conta co apoio económico das catro deputacións. Segundo informan desde a Consellaría de Cultura e Educación, a iniciativa está sen pechar e poderían incorporarse máis títulos a este proxecto que de momento ten confirmadas dez localidades en Ourense e dezasete na Coruña..
Amplía a nova>>