Novas | 1941 a 1950 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

05/09/2012
Un curso analiza o cinema social desde a perspectiva de xénero

O tratamento da prostitución no cinema ou a presenza das minorías étnicas e de mulleres nos filmes son algúns dos temas que quere abordar un curso de verán que a Universidade de Santiago organiza en Padrón. De mañá ata o sábado, produtores (Enma Lustres de Vaca Films ou Fernanda del Nido de Tic Tac), directores (Vicente Aranda, Javier Balaguer ou Sándra Sánchez) e expertos en xeral tentarán achegarse ao cinema social desde unha perspectiva de xénero.. Amplía a nova>>

05/09/2012
Amal cumpre dez anos exhibindo cine de temática árabe

Este festival achegounos o conflicto palestino, as revoltas exipcias da praza de Tahir, historias do Yemen e de moitos outros países do mundo árabe. O Festival Amal inicia a conta atrás da súa décima edición. En total exhibirán 31 filmes (fronte aos 26 do ano pasado) peneirados entre os preto de 700 títulos que recibiron nesta edición, entre o 14 e o 20 de outubro. O programa manterá estruturas doutros anos e ofrecerá actividades paralelas (música, gastronomía e danza) que axudarán a complementar a súa proposta.. Amplía a nova>>

04/09/2012
Agadic convoca un concurso de méritos para elixir ao coordinador da política audiovisual

Ser licenciado ou diplomado, demostrar traxectoria profesional na xestión de empresas audiovisuais e na xestión de actividades culturais, formación específica no sector audiovisual e coñecementos de galego. Estes son os requisitos e criterios puntuables para o porto de coordinador/a do Departamento de Política Audiovisual da Agadic. A convocatoria, que se pode consultar no web da Axencia, servirá para designar a persoa que establecerá os programas de cooperación, impulsará a relación entre os distintos axentes culturais e a relación entre os distintos axentes culturais galegos no eido audiovisual e aliados no exterior. O prazo de presentación de solicitudes remata hoxe e o posto estará remunerado con 39.432,89 euros brutos anuais.. Amplía a nova>>

03/09/2012
Só catro filmes galegos presentados ao Festival de Cine de Ourense

Conflitos familiares e problemas de fronteiras son as temáticas máis destacadas dos 128 filmes recibidos para participar na 18 edición do Festival de Cine de Ourense. Así o explica unha nota de prensa remitida polo festival que valora de forma “moi positiva” a redución da participación de filmes, de 177 da última edición a 128 desta, xa que este ano o prazo de recepción de material pasou de 15 a 5 semanas. Entre os filmes recibidos de 41 países, a maior parte deles do Estado, só hai 4 traballos galegos. Agora comeza o proceso de visionado para escolmar os filmes que conformará a sección oficial da vindeira edición que terá lugar entre o 2 e o 11 de novembro.. Amplía a nova>>

03/09/2012
Rubén Zarauza explicará o proxecto Jelly Jam en San Sebastián

No marco do Festival de San Sebastián desenvolverase a sesión de axudas para produtores independentes da Oficina MEDIA. Unha cita na que se explicará as liñas de apoio (desenvolvemento de proxectos, para acceso a financiamento e para a difusión transnacional), así como para o futuro do programa no período 2014-2020, que levará o nome de “Programa Europa Creativa”. Canda isto haberá tamén unha sesión para explicar casos prácticos, entre os que destaca a presenza de Rubén Zarauza (Santiago, 1977) no que explicará o caso de Jelly Jam, unha serie de animación de 52 capítulos que se vendeu en 150 países.. Amplía a nova>>

31/08/2012
O público de Curtocircuíto premia o traballo Tuba Atlantic

Oskar é un ancián que saber que vai morrer en 6 días. Un período no que se prepara para perdoar a seu irmán por unha vella desavinza. Este é o argumento de Tuba Atlantic, a curtmetraxe premiada polo público(dotado con 1.000 euros) desta edición de Curtocircuíto na rúa desta edición. A sección rematou onte logo de catro sesiòns de proxeccións que contou coa asistencia dun milleiro de persoas.. Amplía a nova>>

31/08/2012
O informe de DIBOOS destaca o éxito da animación galega

A animación é un valor en alza. Emprega a unhas 2.000 persoas, xera un volume de negocio duns 50 millóns de euros ao ano, prodúcense entre 5 e 8 series así como entre 2 ou 3 longametraxes ao ano e, é o sector audiovisual que máis exporta. E neste eido, Galicia ocupa un posto destacado. A Federación Española de Asociación de Produtoras de Animación (Diboos), acaba de publicar o seu informe para a promoción e difusión deste sector e no que numerosos produtos galegos ocupan un lugar destacado. Desde O bosque animado que foi a primeira película de animación desenvolvida integramente en Europa, o informe lista títulos como Engurras ou O lince perdido.. Amplía a nova>>

31/08/2012
A TVG divulga a investigación de centros públicos nunha serie de reportaxes

As liñas de investigación, as súas aplicacións prácticas, as patentes…. Todo o que rodea a investigación de ámbito científico desenvolvida en centros públicos poderase ver en Base tecnolóxica. É o novo programa que emitirá a Televisión de Galicia (Sábados, 15:15 horas) co obxecto de dar a cara menos coñecida dun traballo que se está a desenvolver no país. As reportaxes, producidas por Ardora Comunicación baixo a dirección científica de Julio Pombo e Maite Vence co patrocinio da Fundación Barrié de la Maza. . Amplía a nova>>

30/08/2012
Proxeccións e conferencias achéganse ao cine desde a perspectiva de xénero

A presenza de mulleres, de minorías étnicas, as temáticas sociais no cinema.. estes son algúns dos aspectos que se falará no curso de verán que a Universidade de Santiago desenvolve en Padrón (na sede da Fundación Camilo José Cela) do 6 ao 8 de setembro. Unha cita na que haberá unha ampla presenza de directores de recoñecido prestixio como Vicente Aranda ou Javier Balaguer, xunto con produtores galegos(Fernanda del Nigo, Emma Lustres, Paula Fernández, Ramón Varela ou Luís Pérez) para falar do cinema social. No programa tamén estará a directora Sandra Sanchez para falar do seu documental Tralas luces , co que gravou a unha familia de feirantes no seu traballo polo norte de España.. Amplía a nova>>

28/08/2012
Filmes galegos presentes en diferentes certames

No seu percorrido internacional, despois de ter pasado por numerosos festivais, o documental 18 comidas do director lucense Jorge Coira chega ao festival Love&Anarchy de Helsinki dentro da sección Haute cuisineseries. Non é a única produción galega en xira, xa que o filme Os nenos salvaxes da directora Patricia Ferreira participa no Festival de Filmes do Mundo de Montreal. E completa a revisión da presenza galega fóra, a participación do compostelán Diego Romero como responsable da fotografía de Low tide, fiome que compite na sección Horizontes da Mostra de Venecia.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org