No seu percorrido internacional, despois de ter pasado por numerosos festivais, o documental 18 comidas do director lucense Jorge Coira chega ao festival Love&Anarchy de Helsinki dentro da sección Haute cuisineseries. Non é a única produción galega en xira, xa que o filme Os nenos salvaxes da directora Patricia Ferreira participa no Festival de Filmes do Mundo de Montreal. E completa a revisión da presenza galega fóra, a participación do compostelán Diego Romero como responsable da fotografía de Low tide, fiome que compite na sección Horizontes da Mostra de Venecia.
Filmes galegos presentes en diferentes certames
As citas están en Venecia, Helsinki e Montreal
13 lecturas | Compartido 0 veces
Para saber máis
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Conceptos