Proxeccións e conferencias achéganse ao cine desde a perspectiva de xénero

Produtores e directores achegarán o seu traballo nesta xornada

A presenza de mulleres, de minorías étnicas, as temáticas sociais no cinema.. estes son algúns dos aspectos que se falará no curso de verán que a Universidade de Santiago desenvolve en Padrón (na sede da Fundación Camilo José Cela) do 6 ao 8 de setembro. Unha cita na que haberá unha ampla presenza de directores de recoñecido prestixio como Vicente Aranda ou Javier Balaguer, xunto con produtores galegos(Fernanda del Nigo, Emma Lustres, Paula Fernández, Ramón Varela ou Luís Pérez) para falar do cinema social. No programa tamén estará a directora Sandra Sanchez para falar do seu documental Tralas luces , co que gravou a unha familia de feirantes no seu traballo polo norte de España.