Un acto institucional apoia a presenza de dúas producións galegas no Festival de San Sebastian

Tralas luces e Enrugas proxectaránse nos vindeiros días no marco de Zabaltegi Novos Directores

15/9/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

É un fito que na sección oficial dedicada a novos directores (Zabaltegi Novos Directores) haxa dúas producions galegas. Os traballos seleccionados son os de Sandra Sánchez (Tralas luces, que se verá en catro pases entre os días 17 e 20; e o de Ignacio Ferreras (a produción de Perro Verde Films Engurras) que se exhibirá en cinco pases entre o 19 e o 20. Canda iso, a súa presentación contará co apoio do Consorcio Audiovisual de Galicia, que ofrece un acto institucional (domingo 18) ao que están convidados prensa e profesionais acreditados do festival. O apoio do Consorcio, deseñado específicamente para este festival, insírese dentro do Convenio que asinará esta entidade co IGAPE para a promoción e internacionalización do audiovisual galego.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igape, Consorcio Audiovisual de Galicia, Sandra Sánchez, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)