Unha ducia de produtoras asisten a Ventana Sur, a cita co audiovisual latinoamericano

O encontro terá lugar do 2 ao 5 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Malia ser un mercado de recente creación Ventana Sur reúne en Arxentina a 400 compradores e vendedores de produto audiovisual de todo o mundo. Unha cita na que haberá unha delegación de empresas galegas grazas ao apoio do Consorcio Audiovisual de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). Alén dos contactos que os empresarios realizarán nestes países para a produción, haberá pases de cinco producións galegas e a presentación do catálogo “Films from Galicia”, que contén os títulos máis recentes do audiovisual galego. A cita terá lugar do 2 ao 5 de decembro.

As produtoras que asisten a este mercado son Continental Producións, Frida Films, Tic-tac Producións, Adivina Producións, Artemática, Ficción Producións, IB Cinema, Cinemar Producións, Tv 7, Maruxiña Films, Vimbio Films, O Raio Verde, Matriuska Producións e Xamalú Filmes.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igape, Consorcio Audiovisual de Galicia, Arxentina, Cine...