Once empresas galegas participan no MIPCOM de Cannes

A Consellaría de Cultura leva ao mercado audiovisual o catálogo Films from Galicia

7/10/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A vila francesa de Cannes acolle desde hoxe e ao longo de toda a semana unha nova edición do MIPCOM, un dos principais mercados do mundo de produtos audiovisuais para a televisión. No encontro participan once empresas galegas nunha delegación comercial coa que colaboran a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e mais o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). Galicia está presente cun espazo no pavillón Audiovisual from Spain e mais co catálogo Films from Galicia, do que a Consellaría de Cultura Acaba de publicar unha nova edición que recolle 68 producións rematadas ou en fase de desenvolvemento.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, Igape, Axencia Galega das Industrias Culturais