26/09/2012
Un acto institucional apoia o audiovisual galego en San Sebastián
Os incribles e
Operación E son os filmes galegos que están presentes nas seccións Novos Directores e Zabaltegi, paralelas á Sección Oficial. Coincidindo coa presentación pública de Operación E, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, desprazouse ata San Sebastián onde tivo lugar o acto institucional para apoiar o audiovisual galego. Tivo lugar no Kursaal e foi organizado a través de Agadic. Ademais, tamén se desnevolveu un encontro con representantes de ANCINE (Agência Nacional de Cinema do Brasil), entidade coa que a Xunta mantiña un convenio de coprodución coordinado polo desaparecido Consorcio Audiovisual de Galicia. .
Amplía a nova>>
21/09/2012
Os Bolechas estrean nova etapa na TVG
A segunda canle da televisión autonómica emitirá unha serie de oito capítulos protagonizados polos coñecidos personaxes infantís
Os Bolechas. Os irmáns creados por Pepe Carreiro poderán verse tres veces ao día en espazos de seis minutos de duración. Esta é a segunda incursión dos Bolechas no medio televisivo, logo de que no pasado entroido se puidesen ver tres programas protagonizados por eles. A estrea será o vindeiro 24 de setembro..
Amplía a nova>>
18/09/2012
Manuel María Multimedia
Logo da homenaxe a Manuel María na Coruña, que se celebrou o pasado día 13, a Fundación que leva o nome do poeta acaba de facer un triple lanzamento arredor do poeta. Un libro, CD e DVD que amosan diferentes achegamentos á poesía do homenaxeado.
Os lonxes do solpor é un poemario inédito que recolle 33 composicións sen título elaboradas a finais dos anos 80. Canda a el, distribúese o disco
Andando a Terra, no que Uxía interpreta doce versións musicadas dos versos de María. A completar o lote, inclúese un DVD co filme
De amor e cantería, realizado por Pixel Films sobre Guión de Anxa G. Refoxo, que parte do poemario
Sonetos á Casa de Hortas e que levou o premio Mestre Mateo á mellor produción experimental en 2011. O conxunto sae á venda a un prezo de 20 euros..
Amplía a nova>>
17/09/2012
A paixón de María Soliña chega a Sundance
Dous filmes galegos achéganse estes días a festivais foráneos. Por unha banda, a produción
A paixón de María Soliña proxectarase entre os filmes preseleccionados para o prestixioso festival estadounidense de Sundance. Ademais, poderá verse no de Miami noutra ducia de certames en Europa e América, mentres prepara a súa estrea oficial en Lalín para o vindeiro 28 de setembro. Pola súa banda, o filme
Arraianos, de Eloy Enciso, verá a luz no Festival de Sevilla, que se celebra entre o 2 e o 10 de outubro. A seguir, está prevista a súa presenza en eventos de Portugal, Austria, Arxentina e Alemaña, así como en Canadá, a participar nos festivais de Vancouver e Montreal..
Amplía a nova>>
11/09/2012
O terror dos 70 protagoniza a nova edición de Freakemacine
O festival de cinema de fantástico e de ciencia ficción da Coruña, Freakemacine, chega á súa quinta edición homenaxeando os filmes de terror españois dos anos setenta. Entre os días 24 e 30 de setembro, o evento achegará ás súas sedes na Fundación Seoane e mais no Centro Galego de Artes da Imaxe proxeccións, obradoiros, conferencias e obradoiros de maquillaxe e efectos especiais. Ademais, a cidade acollerá a segunda edición da zombie walk e un desfile temático sobre Star Wars entre outras actividades. .
Amplía a nova>>
10/09/2012
L'accordeur gaña o Festival de Curtametraxes de Bueu
O V Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu fechaba as súas portas o pasado sábado coa produción francesa
L'accordeur, dirixida por Olivier Treiner, a encabezar o seu palmarés de premios. Canda a este galardón,
Suiker, de Jeroen Annokkeé, fíxose co premio do público, mentres que
Anacos de Xacio Baño foi escolleita como mellor curtametraxe galega. Os organizadores cifraron en 3.000 as persoas que asistiron ás proxeccións do evento, que contou con 25 filmes a concurso..
Amplía a nova>>
07/09/2012
Sete curtas compiten en Tripomant na Cidade 2.0
A segunda edición de Tripomant na Cidade 2.0 xa está en marcha. No web da proposta están as sete curtametraxes seleccionadas que permitirán ao público votar e conceder un dos tres premios que ten o certame. A iniciativa, promovida por unha empresa privada destinada á construción que esixe que os seus produtos se vexan reflectidos nos traballos, pretende dar conta de experiencias e de hábitos de vida urbanos. .
Amplía a nova>>
06/09/2012
A Semana de Cine de Autor de Lugo mantén a súa programación na 34 edición
Sección infantil, ciclos "o mellor do ano", "cine e gastronomía", "cine e radio", "as curtas tamén son cine" e a sección oficial. A 34 edición do Festival de Cine de Autor de Lugo mantén a súa estrutura de traballo habitual con prezos populares para achegarse á cidadanía. Nesta ocasión, como xa avanzaran hai un mes, o homenaxeado é o actor, director e productor Ricardo Núñez (Betanzos, 1904 - Palma de Mallorca, 1998). Unha exposición, unha publicación e a proxección dalgunhas das súas películas como actor fan parte da programación para recuperar a súa figura. A cita terá lugar entre o 17 e o 22 de setembro en distintas localizacións da cidade..
Amplía a nova>>
06/09/2012
O Apóstolo chegará as salas o vindeiro 31 de outubro
Un preso é recluído por uns seres estraños nunha vila do Camiño de Santiago logo de fugarse da cadea. Suspense e humor combínanse en
O apóstolo unha das primeiras películas de animación stop-motion de Europa desenvolvida mediante producción estereoscópica. Logo do seu pase por festivais (Málaga, Annency, Mundos Dixitais e na edición deste ano do Festival de Sitges) chega agora a carteleiras. A estrea en salas comercias será o vindeiro 31 de outubro ..
Amplía a nova>>
06/09/2012
Seis empresas galegas acoden á feira tecnoloxica IBC de Amsterdam
O IBC de Ámsterdam é o principal evento anual para os profesionais que traballan na creación, xestión e prestación de entrenemento e contido das noticias e produtos audiovisuais no mundo. Celébrase no Centro Rai da capital holandesa e atrae a máis de 45.000 asistentes, con 1.300 expositores de 140 países do mundo. A esta edición, que arrinca hoxe, irá unha delegación galega baixo o paraugas do Clúster do Audiovisual Galego. Son as empresa Arantia 2010, Cinfo, CTV, Gallega de Circuitos Electrónicos, Ingeniería de Sistemas de Funcionamiento e Voz Audiovisual promocionarán os seus produtos e servizos á industria internacional dos medios de comunicación electrónicos..
Amplía a nova>>