08/07/2013
Dolores Meijomín coordinará a política audiovisual da Xunta
O pasado venres celebrouse unha xuntanza do Consello Reitor de Agadic na que se decidiu, entre outras cousas, designar a Dolores Meijomín (Lalín, 1970) como coordinadora do Departamento de Política Audiovisual. Entre as súas funcións destaca, segundo unha nota de prensa de Agadic, "impulsar a relación entre os distintos axentes culturais galegos no ámbito do audiovisual e os seus posibles aliados no exterior, ademais de establecer programas de cooperación cara a promoción do audiovisual galego con outros centros de similares características ás da Agadic". Meijomín leva anos vencellada á política audiovisual en diferentes departamentos como a secretaría xeral de Medios ou o Consorcio Audiovisual Galego pero tamen na propia Agadic, onde se encargaba da presenza do sector audiovisual nas feiras sectoriais (EFM de Berlín, Miptv, Mipcom e Marché du Film de Cannes, Ventana Sur de Bos Aires, etc.) e en festivais internacionais..
Amplía a nova>>
05/07/2013
Popular TV Galicia pecha o 31 de xullo
Popular TV Galicia pechará as súas emisións o 31 de xullo. Así o decidiu a Xunta de Accionistas, conformada polos bispos das cinco dióceses galegas canda unha participación minoritaria da cadena COPE, debido á "falta de investimento publicitario privado e aos limitados ingresos de publicidade institucional". Popular TV Galicia levaba sete anos emitindo, e fora adxudicataria do concurso de licenzas de TV autonómica aberto polo goberno de Manuel Fraga en 2005. O equipo de Popular TV está conformado por 20 empregados e colaboradores. .
Amplía a nova>>
05/07/2013
Morre o actor Tucho Lagares
O actor Tucho Lagares finou onte na Coruña aos 81 anos. Lagares, cunha dilatada traxectoria en cine, teatro, televisión e mesmo zarzuela. Iniciouse no audiovisual galego nos anos 80 e foi actor de reparto nalgunhas das series máis coñecidas dos últimos anos en Galicia, como
Mareas Vivas,
As Leis de Celavella ou
Pratos combinados. .
Amplía a nova>>
02/07/2013
Boaventura de Sousa inaugura as entrevistas de Galiza Ano Zero
Boaventura de Sousa é un dos principais intelectuais da área das ciencias sociais. Con el, Galiza Ano Zero inaugura as súas entrevistas, un dos contidos destacados nesta nova forma de entender a televisión. Hoxe ademais, continúan as presentación do proxecto por Galicia adiante. Logo dunha presentación en Vigo, chega a quenda de Santiago (Gentalha do Pichel hoxe ás 20:00 horas), Pontevedra (Liceo Mutante, xoves 4) ou Ourense (Café cultural Auriense, sábado 6). .
Amplía a nova>>
01/07/2013
Mundos Dixitais repite formato na Coruña como referente en novas tecnoloxías
Nomes de primeiro nivel no sector da animación, efectos dixitais e arquitectura dixital, presentacións (como a de Fast and Furious 6) e a entrega de premios, en director, de varios certames. Entre eles, o de animación (en sección competitiva figura a produción galega
Maruxiña, meu amor de Jorge costas) e os 3DAwards de arquitectura dixital. As xornadas de reclutamento que son xa un reclamo profesional repiten na programación deste certame que se desenvolve entre o 4 e o 6 de xullo. Este ano, o certame contou cunha xornada prólogo en Madrid, que tivo lugar o pasado 21 de xuño. .
Amplía a nova>>
01/07/2013
Agadic recupera as axudas a talento
Logo dun ano sen convocarse, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de facer pública a través do DOG de hoxe (1 de xullo) a convocatoria das axudas a talento. A contía que se reserva para este fin é de 66.000, moi lonxe dos 150.000 convocados en 2011 e máis aínda dos 500.000 da orde de axudas de 2009. .
Amplía a nova>>
28/06/2013
Antonio Mourelos continuá á fronte da Academia Galega do Audiovisual
Era a única candidatura e saíu elexido novamente. Antonio Mourelos repite como presidente da Academia Galega do Audiovisual. No seu equipo continúan o xornalista Xaime Arias, o director Jorge Coira, o guionista Daniel D. García, as produtoras Sara Horta e Emma Lustres, o decano da Facultade de Ciencias da Información da USC Xosé Pereira e o actor Luís Tosar. Súmanselle dous nomes novos: o director de ficción David Martínez, e a guionista, produtora e xornalista María Yáñez. Estarán no cargo dous anos..
Amplía a nova>>
25/06/2013
Vikingland recibe o Premio da critica internacional no Festival Lima Independiente!
.
Amplía a nova>>
21/06/2013
Os cines de Ourense están á venda
Son os únicos cines que existen en Ourense, sitos no centro comercial Ponte Vella, e están á venda. A compañía que os xestionaba, Ábaco-Cinebox entrou en liquidación ao non poder facer fronte á súa débeda, á que chega logo de saír dun concurso de acreedores no ano 2011. A solución pasa por diferentes vías como xa utilizou noutros recintos que xestionaba a empresa. En Naron traspasou o negocio a outra maiorista, Odeón, mentres que en Pontevedra os cines pecharon. Neste caso propuxéronlle ao centro comercial no que se situaba (a empresa pública Adif) a cesión dos seus espazos a cambio da débeda pero non chegaron a un acordo. De momento, en Ourense os cines permanecen abertos na procura dunha solución que pode chegar en vía de traspaso a un novo propietario..
Amplía a nova>>
20/06/2013
A Xunta aproba a convocatoria dos Premios da Cultura Galega 2013
O Consello da Xunta aprobou hoxe a nova edición dos Premios da Cultura Galega, cos cales se recoñece o traballo destacado de entidades e persoas nos ámbitos das letras, das artes plásticas, das artes escénicas, da música, do audiovisual, da lingua, do patrimonio cultural e da proxección cultural de Galicia no exterior. A convocatoria de 2013 publicarase nos próximos días no Diario Oficial de Galicia para que, desde ese momento, as candidaturas poidan ser presentadas por institucións e entidades culturais ou profesionais, públicas ou privadas, relacionadas co obxecto de cada premio. .
Amplía a nova>>