19/08/2013
Lois Patiño premiado no Festival de Locarno pola súa primeira longametraxe Costa da morte
A carreira de Lois Patiño segue unha liña ascendente a un ritmo vertixinoso. Logo de participar en coñecidos festivais cos seus traballos anteriores, de carácter breve e sempre nun formato experimental, a súa primeira longametraxe,
Costa da morte (Zeitun Films), acaba de resultar premiada no prestixioso Festival de Locarno, unha das cita imprescindibles do cinema de autor. No marco da sección Cineastas do presente, un espazo reservado para os máis arriscados e os nomes máis novos, recibiu o premio ao mellor realizador emerxente. A súa primeira longametraxe que ofrece unha visión romántica e monumental da natureza que empequenece a figura do home. Rocas, olas, lums, mar e a paisaxe centran esta obra dixital moi influenciada pola pintura. .
Amplía a nova>>
14/08/2013
Tres longametraxes galegas recibirán axudas do Fondo de Protección á Cinematografía
O produtor ourensán Ignacio Vilar ven de acadar 209.000 euros para a produción da longametraxe
A Esmorga baseada na coñecida obra de Eduardo Blanco Amor de entre as axudas concedidas polo Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) para 2013. Entre as películas que este ano reciben máis axuda do ICAA está tamén
Lobos Sucios de Simón Casal de Miguel con 452.020 euros), longametraxe de espías ambientada nas minas de wolframio galegas que extraían o mineral para a industria militar nazi, a cinta estará producida pola empresa galega Agallas Films xunto con outra produtora andaluza. O filme de animación
Psiconautas de Alberto Vázquez e Pedro Rivero, baseado na banda deseñada do mesmo título acadou así mesmo unha axuda de 204.480 euros para a súa produción. .
Amplía a nova>>
02/08/2013
Riós acolle o seu VI Festival das Artes Escénicas
Con proxeccións comeza, ás sete desta tarde, a sexta edición do Festival das Artes Escéncias de Riós. Esta pequena aldea de Ourense acollerá hoxe a estrea mundial do documental
A última viaxe do afiador, ademais do filmes como
Las brujas de E'Lente ou
Caravana Vilamor. Mañá é a quenda da música, cunha gala de contará con Robert Ramírez, Rosa Cedrón, Tony Lomba ou Malvela entre outros. A organización do evento sinala o seu compromiso co desenvolvemento do rural e o fomendo da cultura nas "pequenas vilas"..
Amplía a nova>>
19/07/2013
Jorge Algora protagoniza a XIII Semana de Cine de Betanzos
A Semana Internacional de Cine de Betanzos chega á súa XIII Edicion co director Jorge Algora como protagonista. O director presenta nesta cita o seu filme
Inevitable e estará acompañado na cita por profesionais do sector audiovisual como Chete Lera, Nani García ou a actriz Deborah Vukusik, entre outros. Con ocasión do evento reabrirá as súas portas o veterano cine Alfonsetti, que acollerá diferentes proxeccións do evento..
Amplía a nova>>
17/07/2013
Documéntate (I)
O documental segue de moda. Son numerosas as producións deste xénero que se presentaron en Galicia nos últimos meses. De carácter histórico, social ou cultural teñen un fin divulgativo para dar a coñecer historias ao gran público. Revisamos nunha serie de dúas reportaxes algunhas das propostas recentes..
Amplía a nova>>
16/07/2013
Os profesionais da cultura denuncian por contratacións
A Asociación Galega de Empresas Musicais acaba de emitir un comunicado denunciando a contratación de artistas foráneos. En concreto é a contratación de Melendi por segunda vez en cinco meses para actuar as festas de Vigo a situación que denuncia este colectivo. Segundo sinalan desde AGEM "non resulta comprensible que nun momento de escaseza de recursos económicos das distintas administracións e da sociedade en xeral, ó Concello aposte pola repetición con recursos públicos dun mesmo espectáculo", e lembra a importancia de Vigo como motor da música galega. .
Amplía a nova>>
12/07/2013
Un proxecto fílmico reflexionará sobre Nimbos, o poemario de Díaz Castro
“Para poñer en marcha algunhas cousas abonda un correo electrónico”. Así, cun mail, comezou o
proxecto Nimbos. É unha iniciativa promovida por Martin Pawley, Xurxo Chirro e José Manuel Sande que remitiron un correo electrónico a 30 realizadores co obxectivo de facer un audiovisual arredor de
Nimbos, a obra poética de Xosé maría Díaz Castro, o vindeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas. Segundo explican no blog Acto de primavera, unha vintena deles xa confirmaron a súa adhesión a esta proposta. A cada un pedíronlle que fagn unha peza curta a partir dun dos poemas da obra. Liberdade total só suxeita a dúas condicións: que dure entre 1 e 5 minutos máis evitar o uso íntegro e literal dos poemas..
Amplía a nova>>
11/07/2013
O futuro do sector audiovisual galego debátese en Celanova
Dunha banda conferencias e da outra un seminario de carácter práctico. Nas xornadas de debate profesionais e especialistas tentarán debuxar un panorama dos novos formatos e produtos así como proporán ideas de cara ao futuro. No seminario práctico,
Celanova, plató de ficción, dirixido por Paulino Pérez Feijoo e destinado especificamente a alumnos de Comunicación Audiovisual, deberán facer unha webserie de tres capítulos con orzamento pechado. A cita é un clásico no programa formativo do sector audiovisual galego e está organizado pola Fundación Carlos Casares, a Axencia Galega das Industrias Culturais e o concello de Celanova. .
Amplía a nova>>
10/07/2013
Jacobo Sutil: “Prefiro a concorrencia competitiva no apoio da administración ao sector”
Non será ata 2014 cando realmente se poida apreciar a xestión de Jacobo Sutil á fronte da Axencia Galega das Industrias Culturais. Este 2013 será para dialogar co sector, coñecer as súas demandas e instrumentar políticas. Mentres tanto, no sector audiovisual seguirá na mesma liña con algunha corrección nas bases de axudas e manter todas as liñas que existían no pasado aínda que sexan con importes baixos. De momento, coa integración do Centro Galego de Artes da Imaxe baixo o seu paraugas e o nomeamento de Dolores Meijomín á fronte do departamento de política audiovisual, o sector xa ten o esqueleto institucional para recuperar músculo. .
Amplía a nova>>
08/07/2013
Aude e Carlos de Carvalho e Jori Cristiaens premiados nesta edición de Mundos Dixitais
Esta fin de semana pechou as súas portas na Coruña a duodécima edición do festival Mundos Dixitais, un referente de animación, efectos especiais e aquitectura dixital. Un encontro que esgotou as entradas en boa parte das actividades do programa, dando conta da demanda desta actividade. Como ben sendo habitual, a clausura coincidiu coa entrega de premios. A curtametraxe
Premier Automne, de Aude e Carlos de Carvalho, recibiu dous premios: mellor curta de animación e o premio especial do xurado. En
Beerbug, de Ander Mendía recaeu o premio a mellor curta nacional e o publico concedeu o seu premio a
850 meters de Jori Cristiaen. O premio especial de Mundos Dixitais foi para Féliz Bergés, pola súa carreira profesional como creador de efectos especiais, entre eles
Lo imposible, filme do que falou nesta edición. .
Amplía a nova>>