Novas | 171 a 180 de 4138

<< Anterior Siguiente >>

06/11/2023
'Carraxe' de Muriel Pernas gaña a sección galega do festival Curtas de Vilagarcía

A 51 edición de Curtas, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa rematou este sábado presentando o seu palmarés tras 9 días de proxeccións nos que puideron verse 23 longametraxes e 95 curtas a concurso nas súas tres seccións oficiais. O filme 'Carraxe' dirixido por Muriel Pernas e protagonizado por Mabel Rivera (Goya por 'Mar adentro') e Roberto Leal, fíxose co galardón á mellor curtametraxe galega. A longametraxe española 'La mesita del comedor', de Caye Casas foi a seleccionada polo xurado para o premio absoluto da sección oficial á mellor cinta, acadando tamén os premios de interpretación para David Pareja e Estefanía de los Santos. O premio para mellor realización galega foi parar a Jorge Morais Valle pola curta de animación 'In Half'.. Amplía a nova>>

03/11/2023
O 37 Cineuropa chega coa comedia por bandeira

Un total 117 películas e dous concertos conforman a proposta do festival Cineuropa, que celebra en Santiago a súa 37 edición entre o 9 e o 25 de novembro. O Concello compostelán acollía na mañá deste día 3 a presentación da cita, que nesta ocasión pon de relevo o cinema de comedia baixo o lema "Unha edición tola, tola, tola". O programa contará cun ciclo temático a reunir doce dos filmes deste xénero máis singulares da historia.. Amplía a nova>>

03/11/2023
O IV Cormorán Film Fest enche de cinema A Coruña

Desde este 3 de novembro e ata o vindeiro día 12 os Cines Cantones da Coruña acollen a cuarta edición o Cormorán Film Fest. Este encontro internacional de cinema achega nove longametraxes e once curtas a un programa que inclúe a estrea en Galicia da premiada Samsara, de Lois Patiño, director que participará no evento este venres 3 a conversar co público.. Amplía a nova>>

31/10/2023
A VIª Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo está preparada para partir

Quince filmes de once países, seleccionados de entre os máis de 2000 que se ofreceron, competirán na sección oficial da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, de Outes (A Coruña). Entre o 1 e o 5 de novembro este festival centrado na temática mariña celebrará a súa sexta edición. Unha das novidades desta edición é a liña temática que atravesa toda a programación, marcada pola relación que establecemos os seres humanos cos mamíferos mariños, especialmente a conexión histórica cos cetáceos nas nosas costas. A través das distintas seccións de proxeccións (Proa, Popa, Competición Oficial), e tamén da nova actividade paralela "Crónicas do mar", propoñen unha mirada crítica que promove a reflexión sobre a relación dos habitantes dos pobos costeiros con estes mamíferos. Dentro da competición oficial participan as cintas galegas 'Bloom', de Helena Girón e Samuel Delgado, e "Mmrrssmm... Xeosónica #1 Atlántico", unha exploración dos ruídos do mar, dirixida por Andrés Mahía. . Amplía a nova>>

30/10/2023
Os premios da crítica recoñecen a Berta Dávila, Carlos Callón e Tanxugueiras

A Fundación Premios da Crítica daba a coñecer na tarde deste sábado 28 de outubro o fallo do seus galardóns anuais, que entregou por cuadraxésima sexta vez nun acto na sede de Afundación en Vigo. As 56 persoas dos oito xurados deste edición escolleron as propostas vencedoras entre aquelas "presentadas libremente por editoras, produtoras e outras entidades culturais", segundo destaca a organización.. Amplía a nova>>

27/10/2023
A música ao vivo saíu fortalecida da pandemia

A música popular ao vivo presentou a mellor capacidade de recuperación dos efectos da pandemia no sector cultural, acadando cifras de público e recadación que melloran as previas ao 2019, pola contra nas artes escénicas o declive aínda está en fase de recuperación a un ritmo moito máis lento e que amosa datos catastróficos nalgúns casos, malia que as cifras amosen melloría do 2021 ao 2022. O problema, en xeral, non está no número de eventos da oferta cultural, senón na asistencia e nos volumes económicos de recadación que se xeran. Así se desprende dos datos do 'Anuario SGAE 2023 de las Artes Escénicas, Musicales y Audiovisuales' que a Fundación SGAE ven de presentar. Este informe ofrece as principais cifras estatísticas do Estado e das Comunidades Autónomas para coñecer o comportamento do sector cultural e os hábitos de consumo en 2022, así como a súa evolución en comparación cos anos anteriores. . Amplía a nova>>

27/10/2023
Abre o pano o festival Curtas en Vilagarcía de Arousa

Unha proxección con música ao vivo do filme de 1925 A pantasma da ópera inaugura de xeito oficial a 51 edición de Curtas, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa este 27 de outubro. O terror e a ciencia-ficción protagonizan esta xeira do veterano encontro, que se desenvolve ata o vindeiro 5 de novembro con 23 longametraxes e 95 curtas a concurso nas súas tres seccións oficiais.. Amplía a nova>>

23/10/2023
Xacio Baño sae de INTERSECCIÓN con dous premios para a curta 'Non te vexo'

INTERSECCIÓN - Festival Internacional de Cinema da Coruña anunciou o palmarés da súa sexta edición durante a Cerimonia Final celebrada este sábado no Teatro Colón. O realizador Xacio Baño recibiu o Premio do Xurado da Sección Galicia por "Non te vexo", sección na que o xurado fixo dúas mencións especiais para Andrea Zapata por "Ruovesi" e para Santos Díaz por "Din que non falan". Ademais, dentro da sección Galicia, Ariadna Silva coa obra "Friccións", acadou o Premio Contemporánea que levará a peza a exposición nas galerías da Asociación Contemporánea. Na sección de competición internacional o Premio do Xurado foi para Eduardo Williams por "El auge del humano 3". Arturo Franco por "El custodio" foi recoñecido como Mellor Curtametraxe española.. Amplía a nova>>

23/10/2023
Beli Martínez, Mariana Carballal e María Vázquez reciben os galardóns Mulleres no Foco

As actrices Mariana Carballal e María Vázquez, xunto coa produtora Beli Martínez foron as gañadoras da terceira edición dos premios Mulleres no Foco entregados este venres pasado no auditorio da sede de Afundación de Pontevedra, un certame promovido pola Deputación e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais, CIMA que ten o obxectivo de darlle visibilidade ao papel da muller no sector do audiovisual. Estas tres profesionais de dilatada e exitosa traxectoria foron as seleccionadas polo xurado, entre un total de vinte nomeadas, que "todas reunides os méritos suficientes para serdes merecedoras do Mulleres no Foco de 2024", admitiu o presidente do ente provincial Luis López. As tres subiron ao escenario a recoller un galardón dotado cun premio de 5.000 euros. . Amplía a nova>>

20/10/2023
A premiada O home e o can estréase en 22 pantallas do país

Este venres 20 de outubro chega ás pantallas galegas a estrea de O home e o can. A premiada longametraxe dirixida por Ángel de la Cruz e protagonizada por Manuel Manquiña e Paula Chaves proxéctase en quince localidade do país cun total de 22 salas cinematográficas.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org