18/09/2013
A Coruña inaugura encontros de fotografía e de cinema
A Coruña renova a súa oferta cultural. Dous ciclos, un dedicado ao cinema e outro centrado na fotografía, celebraranse na Cidade Herculina este outono. Coruñafilm, que se presentaba onte, achegará unha vintena de actividades entre os días 4 e 6 de outubro, incluíndo encontros profesionais, obradoiros, debates ou rodaxes exprés. Jaime Chávarri, Santiago Tabernero ou Jorge Coira participarán nos encontros con directores mentres Isaki Lacuesta correrá coa realización dunha rodaxe en 36 horas. Canda a isto, representantes de diferentes ámbitos do cinema estatal debaterán sobre a situación e problemática deste medio en distintos debates e mesas redondas. .
Amplía a nova>>
17/09/2013
O Teatro Colón acolle unha nova homenaxe a Manuel María
A coincidir co aniversario do falecemento do poeta a Fundación Manuel María celebra o vindeiro xoves no Teatro Colón a oitava edición de
Lúas de Outono. A homenaxe anual ao autor chairego contará nesta ocasión coa presenza de Pilocha e María Manuela e mais de Uxia a cargo da música. Tamén actuará o mago Martín Camiña e presentaranse o audiovisual
Andei todos os camiños e mais o DVD
Danza do poema emocionado de Pixel Films. Xurxo Souto actuará como mestre de ceremonias no evento, que será de entrada libre. .
Amplía a nova>>
16/09/2013
AGADIC convoca as axudas de produción e desenvolvemento
O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria de cadansúa liña de axudas para a produción e o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega. No caso das primeiras, distribuiranse 950.000 euros para longametraxes e 150.000 para documentais, o que supón unha reducion de case dous millóns de euros fronte ao pasado ano, cando se distribuíran 2.900.000 euros nesta liña de apoios. Estas subvencións distribuiranse en tres anos, a razón de 150.000 para 2013, 380.000 para 2014 e 570.000 para 2015. Pola súa banda o desenvolvemento de proxectos, que non se convocara en 2012, contará desta volta cunha contía total de 150.000 euros, dos que 50.000 corresponden a 2013 e 100.000 a 2014..
Amplía a nova>>
13/09/2013
A Coruña acolle unha nova edición Freakmacine
O MAC, o CGAI, a fundación Seoane e os os cines Filmax da Coruña acollen, ao longo da vindeira semana a terceira edición de Freakmacine. O festival de cinema fantástico repasará a produción recente do xénero e prestaralle atención á producións clásicas españolas, ademais de dedicar un ciclo á animación xaponesa. Jess Franco, Toñito Blanco ou Rodrigo Cortés estarán presentes o evento, que contará coa presenza de Javi Camino, César Strawberry, Diego López ou Carlos Aguilar entre outros. Como é habitual, o programa inclúe a celebración dunha zombie walk na cidade. .
Amplía a nova>>
11/09/2013
A XXXV Semana de Cine de Autor de Lugo estará centrada na cidade
Coa propia cidade como eixe temático o vindeiro 16 de setembro abre as súas portas a XXXV Semana de Cine de Autor de Lugo. O veterano evento que organiza o cineclube Fonmiñá transcorre ata o día 21 e inclúe 83 filmes, entre os cales poderá verse unha escolma de producións que se rodaron na Cidade da Muralla. Así poderán verse obras como
Fuego,
Matías, juez de línea,
El rey del río ou
La vieja música. Ademais, haberá unha sección gastronómica baixo o lema
E para comer... Lugo. A película
Avión, el pueblo ausente, de María e Marcos Hervera abrirá o programa. O cartel do evento, a cargo da barcelonesa Mar Balcells Font foi seleccionado entre os 80 que concorreron ao concurso convocado pola organización..
Amplía a nova>>
09/09/2013
O Culturgal adianta novidades
Con 120.000 euros de orzamento, un 55% menos que no pasado ano, o Culturgal prepara a súa edición para 2013. O evento que continuará en Pontevedra, contará con novidades, segundo adiantou o seu director, Xosé Manuel Aldea. Así, ofertarase a posibilidade de que o público pague voluntariamente por asistir ao encontro, con vistas a que poida contribuír ao sostemento da actividade. Ademais, as actividades musicais serán maioritariamente de pago e faranse nunha carpa propia no exterior do Pazo da Cultura. O prazo para contratar postos e propor actividades para o evento, que se celebra entre o 29 de novembro e o 1 e decembro, está xa aberto. .
Amplía a nova>>
29/08/2013
O Carballiño potenciará as Xociviga como lugar de encontro
Manuel González foi un dos impulsores das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga), cando estivo na dirección xeral de Cultura en 1984. Por aquel traballo de promover as Xociviga, esta entidade concedeulle a insignia de honra. A de ouro foi para Manuel Iglesias Nanín, que coordinou o encontro entre 1998 e 2001 cando o encontro atravesaba horas baixas e buscar o seu espírito renovador. No acto de entrega desta actividade, o concelleiro de Cultura do Carballiño, Rodrigo González, anunciou a posibilidade de crear unha oficina de producion audiovisual na vila. De momento, a curto prazo, o obxectivo pasa por fortalecer o encontro na vindeira edición e recupere parte do papel que tivo como lugar de encontro do sector audiovisual..
Amplía a nova>>
28/08/2013
A Coruña prepara un festival audiovisual para o outono
O centro Ágora acollerá en outubro o I Festival Coruña Films pensado para curtametraxes. Un encontro que, segundo informa hoxe
La Opinión realizará a empresa madrileña Notodo Club de Selección Cultural, presidida por Alberto Fesser, ao ser a única oferta. Segundo ese medio, a licitación da actividade faise por un procedemento negociado sen publicidade e terá un importe de 71.000 euros. Desde o gabinete de prensa do concello da Coruña confirman a intención de realizar esa actividade, pero non concretan os detalles porque a organización dese encontro “está na mesa de contratación”. .
Amplía a nova>>
28/08/2013
O quinto evanxeo de Gaspar Hauser de Alberto Gracia compite na Viennale
O festival de cinema de Viena (24 de outubro-6 de novembro) é un certame que leva anos fuxindo dos grandes nomes, dos grandes titulares, buscando producións que escapen da rede comercial. Nesta ocasión, fiel á súa tendencia, a sección oficial de filmes que experimentan con novas linguaxes e novos códigos narrativos, destaca na escolma a ópera prima de Alberto Gracia
O quinto evanxeo de Gaspar Hauser (Zeitún Films, 2013). O filme chega a Viena logo de ter acadados premios como o Fipresci na sección “Bright Future” do festival de Rotterdam no que se estreou. .
Amplía a nova>>
28/08/2013
De minas, esmorgas e outras historias
Son tres historias que, a priori, non comparten nada en común. Unha toma como base un feito histórico (
Lobos sucios), outra unha das grandes novelas da nosa literatura(
A esmorga) e outra unha banda deseñada e unha curtametraxe (
Psiconautas). Entre as tres películas suman catro millóns de euros en produción audiovisual, e recibirán 865.000 euros en subvención do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais (ICAA. Unha cifra que fai que estes tres proxectos serán unha realidade. Pero non antes do 2015..
Amplía a nova>>