O MAC, o CGAI, a fundación Seoane e os os cines Filmax da Coruña acollen, ao longo da vindeira semana a terceira edición de Freakmacine. O festival de cinema fantástico repasará a produción recente do xénero e prestaralle atención á producións clásicas españolas, ademais de dedicar un ciclo á animación xaponesa. Jess Franco, Toñito Blanco ou Rodrigo Cortés estarán presentes o evento, que contará coa presenza de Javi Camino, César Strawberry, Diego López ou Carlos Aguilar entre outros. Como é habitual, o programa inclúe a celebración dunha zombie walk na cidade.
Programa de Freakemacine 2013.