A Coruña acollerá a partir do vindeiro 25 de outubro unha nova edición de Freakemacine, o Festival de Cinema Fantástico que chega con novidades. No programa deste ano destaca a homenaxe que se lle dedica ao director galego Amando de Ossorio que inclúe proxeccións, unha mesa redonda ou unha exposición. Ademais, un ciclo dedicado ao terror francés explorará as pecualiaridades dos filmes deste tipo no paÃs galo e unha proxección recuperará o filme de culto The Rocky Horror Picture Show. Como novidade, este ano o festival acolle o I Concurso Internacional de Longametraxes Ópera Prima, que se suma ao xa habitual certame de curtas. Na sección galega proxectaranse os filmes Babushka eEl fantástico mundo de Juan Orol e programarase unha mesa redonda, e non faltarán as habituais seccións dedicadas ao anime, a Zombie Walk ou as sesións infantÃs.
Convidados como a actriz Lone Fleming, o especialista de efectos especiais Jean-Christophe Spadaccini, o xornalista Christophe Lemaire ou o produtor Fabrice Lambot entre outros participarán en mesas e obradoiros, mentres unha video-regueifa enfrontará a David Bizarro con Borja Crespo. A exposición Furia al desnudo que amosa o traballo a lapis de David RubÃn no campo da banda deseñada completa o programa.