O terror dos 70 protagoniza a nova edición de Freakemacine

O festival celébrase na coruña entre o 24 e o 30 de setembro

11/9/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Cartel do Freakemacine 2012

O festival de cinema de fantástico e de ciencia ficción da Coruña, Freakemacine, chega á súa quinta edición homenaxeando os filmes de terror españois dos anos setenta. Entre os días 24 e 30 de setembro, o evento achegará ás súas sedes na Fundación Seoane e mais no Centro Galego de Artes da Imaxe proxeccións, obradoiros, conferencias e obradoiros de maquillaxe e efectos especiais. Ademais, a cidade acollerá a segunda edición da zombie walk e un desfile temático sobre Star Wars entre outras actividades.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, A Coruña, Ciencia, Centro Galego de Artes da Imaxe...