A Coruña acolle unha nova edición Freakmacine

O cinema fantástico inunda a cidade a partir do vindeiro luns

13/9/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O MAC, o CGAI, a fundación Seoane e os os cines Filmax da Coruña acollen, ao longo da vindeira semana a terceira edición de Freakmacine. O festival de cinema fantástico repasará a produción recente do xénero e prestaralle atención á producións clásicas españolas, ademais de dedicar un ciclo á animación xaponesa. Jess Franco, Toñito Blanco ou Rodrigo Cortés estarán presentes o evento, que contará coa presenza de Javi Camino, César Strawberry, Diego López ou Carlos Aguilar entre outros. Como é habitual, o programa inclúe a celebración dunha zombie walk na cidade.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, A Coruña, Javi Camino, Rodrigo Cortés...