A novena edición do Festival de Cinema Fantástico da Coruña, o FKM, xa está en marcha. Inaugurada esta fin de semana cunha “zombiewalk” celebrará as súas sesións ata o vindeiro dÃa 22 que celebrará a súa cerimonia de clausura e entrega de premios. As instalacións da Fundación Seoane, o Centro Galego de Artes da Imaxe CGAI, o Museo de Arte Contemporánea MAC e os Cines Los Cantones acollerán os actos e proxeccións deste evento especializado no audiovisual do xénero do terroR, a ciencia ficción e o fantástico. O evento, que ten seccións competitivas de longametraxes Ópera Prima e curtametraxes de carácter internacional ambas, ofrece estreas en Galicia de varias das producións. Ademais este ano ofrece como novidade unha nova sección competitiva, o Concurso Internacional de curtametraxes CINEMA FETUS, destinado a obras de baixo orzamento con versión orixinal en galego. Nove producións de entre 3 e 15 minutos competirán nesta nova sección; obras experimentais e arriscadas, onde o enxeño, a capacidade de inventiva e as narrativas non convencionais buscan optimizar os recursos dispoñibles con talento, creatividade e sentido do humor. Catro pelÃculas fóra de concurso, algunhas clásicos xa, conforman a sección Homenaxe a Satán e ademais hoxe mesmo terá lugar a Video-regueifa, un evento hÃbrido entre o show e a charla no que dous invitados preparan unha selección de vÃdeos de internet ao redor dun tema proposto. Os relatores proxectan os seus vÃdeos de forma alternada, como nun combate por asaltos. Neste caso o tema será e o acto con entrada aberta e de balde terá lugar hoxe ás 23 horas na Fundación LuÃs Seoane.