O XI Festival Freakmacine enche A Coruña de utopías e distopías

O evento desenvolverase entre o 12 e 20 de outubro e inclúe unha Zombiewalk o día 31

10/10/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual

Utopías e distopías é o eixe da XI edición do Festival de cinema fantástico, de ciencia ficción e de terror Freakmacine. O encontro inicia a súa andaina na Coruña este 12 de outubro co concurso de curtametraxes en galego Fetus e mais coa festa psicotrónica. No programa non faltan proxeccións como a das fitas postapocalípticas Los nuevos bárbaros ou Los invasores del abismo. Canda a elas, estreas coma Tinder Time, Flesh City, Atacama ou Blood Machines, a homenaxe a David Cronenberg ou a xa clásica Video-Regueifa, que enfrontará a Lois E. Froiz e a Álvaro Dorda fan parte do programa, que se desenvolverá ata o vindeiro día 20.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Como adianto do festival, a Fundación Luís Seoane abría o pasado 5 de outubro XXL, mostra que acolle unha selección de traballos do ilustrador e autor de banda deseñada Xurxo G. Penala e que se poderá ver ata o vindeiro día 27. Aínda máis tarde, na noite do 31, o festival presenta o seu habitual epílogo na forma dunha zombie walk que percorrerá as rúas da Coruña.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, A Coruña, Ciencia, Luís Seoane...

Claves

Protagonistas
Lugares