24/10/2013
Cartografía dunha actriz
Hoxe celébrase no CCG a xornada “Escénicas. Mabel Rivera”, na que un conxunto de investigadores e profesionais analizan e exploran a traxectoria artística e profesional de Mabel Rivera, sen dúbida unha das actrices galegas con máis traxectoria. A xornada, organizada pola Comisión de Igualdade do CCG, complétase cunha estensa biografía en liña sobre ela no Álbum de Mulleres. .
Amplía a nova>>
21/10/2013
Xabier Cordal faise co Premio da Crítica á Creación Literaria
O Hotel Os Escudos de Vigo acollía o pasado sábado a xuntanza dos xurados do XXXVI Premios da Crítica de Galicia. Un total de 350 persoas de diferentes ámbitos participaron na deliberación e na entrega destes galardóns. O poemario
Transmuta valeulle a Xabier Cordal o premio de Creación Literaria, no que quedaron finalistas
A noite branca de Francisco Fernández Naval e
Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño. No campo do ensaio foi
Murguía a biografía que realizou Xosé Ramón Barreiro sobre este pai do Rexurdimento. .
Amplía a nova>>
15/10/2013
O Ministerio de Cultura resolve dúas das súas axudas á cinematografía
O Boletín Oficial do Estado recolle hoxe a resolución de dúas convocatorias de axudas no ámbito audiovisual que afectan a proxectos galegos. Tal e como xa se fixera público o pasado setembro, a convocatoria de apoios a festivais deixou sen financiamento estatal o de Cans, no Porriño, ao igual que o pasado ano. Pola contra, o Play-Doc e o festival coruñes S8 reciben desta volta 7.000 e 5.000 euros respectivamente..
Amplía a nova>>
14/10/2013
AGADIC resolve as axudas ao talento
Doce creadores beneficiaranse das axudas para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego que acaba de publicar a Axencia Galega das Industrias Culturais no seu web. En total son seis proxectos de escrita individual de guión que obtiveron cadanseus 5.000 euros e que apoiarán os traballos de Lois Patiño, Sandra Sánchez, Alberto García, Hugo Amoedo, Juan Ramón Galiñanes e Francisco Carballal. Na modalidade de curtametraxes, obtiveron cadansúa axuda de 6.000 euros Xacio Rodríguez, Xurxo González, Eloy Domínguez, Olaia Sendón, María Belén Montero e Pablo Millán para os seus novos proxectos..
Amplía a nova>>
08/10/2013
Avelino González: “A realidade deunos co público na cara e temos que ir a por el”
Avelino González (Vigo, 1962), un profesional de ampla experiencia no cine, TV e teatro, é o novo presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, en substitución de Toño Casais. Nesta entrevista, González revela os seus retos ao cargo desta relevante asociación e reivindica a necesidade de imaxinar novos camiños e formas para a profesión de actor ou de actriz..
Amplía a nova>>
07/10/2013
Once empresas galegas participan no MIPCOM de Cannes
A vila francesa de Cannes acolle desde hoxe e ao longo de toda a semana unha nova edición do MIPCOM, un dos principais mercados do mundo de produtos audiovisuais para a televisión. No encontro participan once empresas galegas nunha delegación comercial coa que colaboran a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e mais o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). Galicia está presente cun espazo no pavillón
Audiovisual from Spain e mais co catálogo
Films from Galicia, do que a Consellaría de Cultura Acaba de publicar unha nova edición que recolle 68 producións rematadas ou en fase de desenvolvemento..
Amplía a nova>>
01/10/2013
Pedro Olea leva o premio do OUFF
O premio Cidade de Ourense, que entrega o Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), irá nesta dezaoito edición a Pedro Olea. A organización recoñece así o traballo do director e o seu vencello con Galicia e con Ourense, onde rodou varios filmes. O evento recibiu xa 214 filmes (dos cales 134 son longametraxes) de 44 países para esta edición. Comeza agora a fase de selección daqueles que optarán a algún dos dez premios Calpurnia. O festival transcorrerá entre o 18 e o 24 de novembro. .
Amplía a nova>>
30/09/2013
Amal celebrarase entre o 21 e o 25 de outubro
Tal e como anunciaran os organizadores, o festival euroárabe Amal muda o seu formato este ano pola falta de apoios institucionais. Así, será o hotel Araguaney de Compostela o espazo que acolla entre o 21 e o 25 de outubro as proxeccións deste evento no canto do Teatro Principal da cidade. Ademais, o programa tamén sofre variacións e pasará a ser unha escolma de filmes premiados ao longo dos dez anos do evento, canda a cinco producións novas. Mantense, no entanto o certame de curtametraxes Amal Express, para o que xa abriu o prazo de inscricións..
Amplía a nova>>
23/09/2013
Unha galega opta ao premio de Novos Directores en San Sebastián
O Festival Internacional de Cine de San Sebastián, que abría esta fin de semana as súas portas, conta cunha produción galega a concurso.
El árbol magnético, o debut na longametraxe de Isabel Ayguasvives compite na seccion Novos Directores deste evento. A cinta, cofinanciada por AGADIC e ambientada en Chile, conta con banda sonora do vigués Nico Casal, e poderá verse o vindeiro día 26 no festival. .
Amplía a nova>>
19/09/2013
Nace unha nova webserie desde Narón
O vídeo-diario de dúas turistas extraterrestes que viaxan ao noso planeta de vacacións. Esta é a proposta de
Jolidais, vacaciones en la Tierra, a webserie que se acaba de presentar e que comezará as súas emisións semanais o vindeiro domingo 22 ás 20 horas desde Narón. O proxecto prevé lanzar un capítulo semanal das andanzas destas dúas alieníxenas que escolleron os nomes de Madonna e Yoko Ono para non chamar a atención. Con guión e dirección de José Prieto, a serie está protagonizada por Celia González e Paula Morado..
Amplía a nova>>