O Festival Internacional de Cine de San Sebastián, que abría esta fin de semana as súas portas, conta cunha produción galega a concurso. El árbol magnético, o debut na longametraxe de Isabel Ayguasvives compite na seccion Novos Directores deste evento. A cinta, cofinanciada por AGADIC e ambientada en Chile, conta con banda sonora do vigués Nico Casal, e poderá verse o vindeiro día 26 no festival.