Óliver Laxe leva a súa segunda longametraxe á Semana da Crítica de Cannes

Alberto Vázquez presenta a súa curta de animación Decorado na Quincena de Realizadores

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Óliver Laxe leva a súa segunda longametraxe á Semana da Crítica de Cannes

Aínda sen competir na selección oficial, o audiovisual galego ten a súa presenza nas seccións paralelas do festival de Cannes, que abre as súas portas o vindeiro 11 de maio. Deste xeito, Mimosas, segunda longametraxe de Óliver Laxe, poderá verse no marco da Semana da Crítica, un evento que se desenvolverá entre o 12 e o 20 de maio na localidade francesa. A produción, un proxecto conxunto de España, Marrocos, Francia e Qatar, é o único proxecto español presente na sección.

Pola súa banda, a curtametraxe de animación Decorado de Alberto Vázquez, participará noutra sección paralela do evento, a Quincena de Realizadores. A produción é unha das once que fan parte desta selección, que se proxectará entre o 11 e o 22 de maio. O filme tamén foi seleccionado para o festival de animación de Annecy, que comeza o vindeiro 13 de xuño.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, Animación, Alberto Vázquez, Marrocos...