26/11/2013
Noia inicia esta fin de semana a XIV Mostra de Curtas
Desde o sábado 30 de novembro e ata o día 8 de decembro desenvolverase o programa da XIV Mostra de Curtas Vila de Noia. Nesta xeira, o evento entregará o seu premio honorífico a toda unha carreira á actriz pilar pereira e realizará unha gala de homenaxe a Xosé Manuel Olveira
Pico, recentemente falecido. O programa inclúe proxeccions de filmes como
Operación E,
Arrugas ou o documental
Costa da Morte, e a preestrea da serie televisiva
Galerías Velvet, así como, por suposto, a proxección de curtametraxes.
.
Amplía a nova>>
21/11/2013
Pela del Álamo será o novo director de Curtocircuíto
Logo de nove anos no posto Tim Redford abandona a dirección de Curtocircuíto para pasar a coordinar o Festival Europeo de Curtas. Pela del Álamo, director do documental
N-VI será o novo responsable do festival de curtametraxes. A nova edición desenvolverase entre o 9 e o 13 de decembro..
Amplía a nova>>
21/11/2013
A XXIII Semana de Cine Submarino céntrase en Galicia
Dúas estreas galegas protagonizan a XXIII Edición da Semana de Cine Submarino, que se celebrará en Vigo entre o 26 e o 28 deste mes de novembro.
Marcados para sobrevivir de José Irisarri e
Nas aguas do Norte Ibérico: os ríos, de Manuel Pedrosa e Mariám Mariño, son as producións que se presentan no festival. Canda a elas, poderá verse tamén
Crónicas do mar o último traballo do pontevedrés afincado en Estados Unidos Leandro Blanco..
Amplía a nova>>
20/11/2013
Ángel de la Cruz recolle o premio Irmandade do Libro ao Mellor Guión Adaptado
O Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) acolleu onte a entrega a Ángel de la Cruz do premio Irmandade do Libro ao Mellor Guión Adaptado. A Federación de Libreiros recoñeceu con este galardón, que se convoca por vez primeira este ano, o traballo deste creado ao adaptar a banda deseñada
Arrugas de Paco Roca, no guión do filme de animación homónimo..
Amplía a nova>>
20/11/2013
Unha produción galega gaña o primeiro premio de cine submarino de San Sebastián
A produción audiovisual "Mar de un bosque encantado" gañou o primeiro premio do 37º Ciclo de Cine Submarino de San Sebastián (Cimasub 2013). Trátase dun documental que permite coñecer os bosques de algas do fondo das rías e costa galegas e a cadea alimenticia dos diferentes animais que a habitan. .
Amplía a nova>>
15/11/2013
Estréase O pequeno mago
Hoxe estréase en todo o Estado a película
O pequeno mago, realizada por Deboura Cultural e dirixida por Roque Cameselle. O filme está baseado na novela xuvenil
Bieito Dubidoso, escrita por Cameselle e editada por Xerais, e conta a historia dun pequeno mago que vive en Tui nos tempos dos ataques normandos.
O pequeno mago xa se estreou na sección infantil do Festival de Cine de San Sebastián. En Galicia poderase ver esta fin de semana en Vilagarcía (Gran Arousa) e en Vigo (Praza elíptica). .
Amplía a nova>>
12/11/2013
O fracaso a escena (e á rede)
Unha montaxe teatral sobre o fracaso. Unha obra de teatro, con música orixinal e unha webserie que documenta o propio proceso de creación do espectáculo. Funboa escénica estreaba a semana pasada en Compostela
Sigue buscando, unha orixinal proposta que denuncia a situación das artes escénicas e reflexiona con humor sobre os múltiplos fracasos que se superpoñen na actualidade..
Amplía a nova>>
06/11/2013
O Apóstolo, preseleccionada para Óscar á mellor película de animación
O Apóstolo, a película de animación dirixida por Fernando Cortizo, está preseleccionada pola Academia de Cine de Hollywood como mellor película de animación. A lista final sairá a partir dos 18 filmes da preselección actual. O Apóstolo competirá con películas como
Monsters University ou
Frozen. Por outra banda, a curtametraxe
Seule, do realizador boirense Toño Chouza, vén de ser seleccionada oficialmente para exhibición no Zero Film Fest de Nova York, un certame de cine independente. .
Amplía a nova>>
05/11/2013
Chega o Cineuropa máis social
Máis de duascentas películas, con varias
premiere incluídas, e trinta directores e intérpretes dispostos a debater co público son algúns dos titulares da nova edición de Cineuropa, que se presentou hoxe á mañá. Un certame que este ano vén moi social, con
premieres de Philippe Garrel como
La Jelousie,
Tom á la Ferme de Xavier Dolan, e cinema que intriga e perturba sobre o medio ambiente, a familia ou os desafiuzamentos en países como china. O ciclo "Cre en Italia… más che vale!: O Novecento italiano en 60 películas”" contará con dramas e comedias de Alberto Sordi, Nino Manfredi, Mastroianni, Gassman, Tognazzi, para tentar comprender a través do cine a complexidade italiana. Realizados e actores como Albert Serra, Jonás Trueba, Fernando Franco, Lois Patiño, Mar Coll, Juan Barrero, Luís Lopez-Carrasco, Juan Cavestany, Alberto Gracia ou Jorge Tur explicarán como reacciona o cinema español nesta situación de crise. .
Amplía a nova>>
30/10/2013
O cine volve buscar o seu sitio
Galicia é a comunidade autónoma con peores datos de asistencia a cines, só por riba de Estremadura e Ceuta e Melilla, pero o gasto medio do espectador é superior á media española. Temos cada vez menos cines, pero tamén máis salas concentradas nas grandes cidades. Neste contexto de caída do cine, sen embargo, o cine español gaña cada vez máis espazo ao cine estranxeiro. Estes son algúns dos interesantes datos do informe sobre o cine que publica o Observatorio da Cultura Galega do CCG..
Amplía a nova>>