08/01/2014
O Xigante e Juan Pinzás representan a Galicia nos Goya
Os Premios Goya, que outorga cada ano a Academia Española de Cine contan este ano con dúas producións galegas entre os seus candidatos.
O Xigante, de Abano Producións, compite polo galardón a mellor curtametraxe de animación, mentres que Juan Pinzás opta ao premio á mellor fotografía polo seu traballo en
New York Shadows, que tamén dirixiu, guionizou e protagonizou. Os premiados coñeceranse o vindeiro 9 de febreiro na gala que se celebrará en Madrid..
Amplía a nova>>
07/01/2014
O II Premio Acto de Primavera fica deserto
A falta de resposta dos críticos e xornalistas convocados a participar na elección dos mellores filmes galegos do ano levou a que o premio Acto de Primavera ficase deserto na súa segunda edición. Segundo publica o blog desta iniciativa só dez dos 26 especialistas convocados responderon á solicitude para votar as producións de 2013 o que, segunda a organización, non dá uns resultados representativos. Os críticos que participaron destacaron
Costa da Morte Lois Patiño con 23 puntos e 7 mencións, seguida de
VidaExtra de Ramiro Ledo, que obtivo 21 puntos e outras 7 mencións..
Amplía a nova>>
23/12/2013
O Play-Doc recibiu máis 500 filmes para a súa vindeira edición
Os organizadores do Play-Doc, o festival de documentais de Tui, recibiron máis de medio cento de filmes de corenta países con intención de participar na edición de 2014. A décima xeira do encontro celebrarase entre os vindeiros días 2 e 6 de abril e ten en marcha como en anos anteriores a campaña Play-Doc Support, coa que os público pode contribuír económicamente ao evento a cambio de merchandising e pases especiais..
Amplía a nova>>
23/12/2013
AGADIC resolve as axudas á produción audiovisual
O web da Axencia Galega das Industrias Culturais recolle hoxe a resolución das subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístiico e cultural. A convocatoria distribúe un total de 1.100.000 euros en tres anualidades entre 19 proxectos audivisuais do noso país. A longametraxe
O descoñecido de Vaca Films foi a recibiu unha maior contía, con 281.148 euros, seguido de
El club de los incomprendidos de Bambú Producciones, que se fixo cunha axuda de 252.694. A adaptación da novela
A praia dos afogados conseguiu pola súa banda 208.078 euros. Na lista de axudas atópanse tamén proxectos documentais sobre o Sil, as Ultranoites da NASA, o grupo Nove, as escolas unitarias ou a monxa Exeria, considerada a primeira peregrina. .
Amplía a nova>>
20/12/2013
Pontevedra volta ter cines a partir de mañá
A firma galega Galicine é a responsable de que a cidade de Pontevedra volte ter salas de cinema logo do feche, hai seis meses do complexo Vialia. As oito salas do complexo inician a partir de mañá a súa programación a ofertar un total de 1.539 prazas. Como novidades, crearase unha sala VIP, habaerá dúas con butacas vibratorias e outras dúas que disporán de tecnoloxía 3D. A empresa negociou con ADIF, propietaria da infraestrutura, un convenio por vinte anos..
Amplía a nova>>
19/12/2013
AGADIC resolve as axudas ao desenvolvemento audiovisual
Dez producións doutras tantas empresas galegas reparten os 150.000 euros das axudas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega que acaba de fallar a Axencia Galega das Industrias Culturais. En total trátase de seis novas longametraxes de ficción, tres documentais e unha película de televisión.
Migas de pan de Xamalú Filmes,
Cen anos de perdón de Vaca Films,
A estación violenta de Matriuka Producións,
Juana de Vega e a alumna da liberdade de Zenit Televisión ou
El secreto de Santa Marta de Camariñas de Dos Treinta y Cinco son algunhas das que recibiron maiores axudas..
Amplía a nova>>
10/12/2013
O Festival de Cans busca patrocinios para depender menos das institucións
Cans busca patrocinios privados. A ausencia do festival de cinema do Porriño das axudas do Ministerio de Cultura e a incerteza sobre se a Xunta convocará a tempo a súa convocatoria para eventos deste tipo levou a organización a repetir a experiencia do pasado ano e procurar anunciantes. Aínda que na actualidade os fondos públicos supoñen só o 40% do orzamento do festival, os seus coordinadores procuran diminuír aínda máis esta porcentaxe "para evitar na medida do posible que os atrasos e incertidumes das aportacións públicas afecten á organización do evento". Patrocinar espazos, chimpibuses ou pór anuncios nas proxeccións ou no
Canzine, son algunhas das opcións para quen desexe colaborar..
Amplía a nova>>
03/12/2013
Curtocircuíto repasa traxectoria no seu décimo aniversario
Un programa máis compacto, unha retrospectiva dos mellores filmes internacionais e outra de producións galegas, novo director. Curtocircuíto celebra entre os días 9 e 13 de decembro a súa décima edición a repasar o traballo feito e a iniciar unha nova etapa. Con Pela del Álamo á fronte, a proposta inclúe unha sección dedicada ao Play-Doc e centrará as súas proxeccións na Zona C, no CGAC e no Teatro Principal. En total serán 1.893 curtametraxes na sección oficial, entre as cales haberá seis producións galegas. .
Amplía a nova>>
02/12/2013
Dez produtoras galegas participan en Ventana Sur
A Axencia Galega das Industrias Culturais, AGADIC, anunciou esta mañá que dez produtoras do país participarán, co seu apoio, no mercado audiovisual Ventana Sur. Este evento, que se celebra en Bos Aires entre os días 3 e 6 de decembro, contará coa presenza das firmas Ficción Producciones, Filmanova, Adivina Producciones, Enxebre Entertainment, Formateo, Xamalú Filmes, Abano Producións, TV Siete, Vimbio Films e Desembarco Film. No evento proxectaranse mostras de filmes destas produtoras, realizarase un encontro profesional e poderá verse o novo vídeo promocional
Films from Galicia..
Amplía a nova>>
26/11/2013
Toño Chouza gaña o premio á mellor película con Entreparadas no FECIDISCOVI
O director boirense Toño Chouza gañou o premio á mellor película no VI Festival Internacional de Cine e Discapacidade Collado Villalba (FECIDISCOVI).
Entreparadas conta a historia de 16 persoas que contan experiencias vitais únicas, baseadas en representacións teatrais con textos da Xeración Nós levadas a cabo no tempo entre as paradas do autobús en Ourense..
Amplía a nova>>