Toño Chouza gaña o premio á mellor película con Entreparadas no FECIDISCOVI

O documental estrearase unha semana antes en Cineuropa

O director boirense Toño Chouza gañou o premio á mellor película no VI Festival Internacional de Cine e Discapacidade Collado Villalba (FECIDISCOVI). Entreparadas conta a historia de 16 persoas que contan experiencias vitais únicas, baseadas en representacións teatrais con textos da Xeración Nós levadas a cabo no tempo entre as paradas do autobús en Ourense.