06/02/2014
Seis produtoras galegas participan no European Film Market
Berlín acolle desde hoxe, a coincidir coa inauguración do seu celebérrimo festival de cinema, unha nova edición do European Film Market, considerado o segundo mercado cinematográfico do mundo. No evento participan seis produtoras galegas, que se achegan á capital alemana no marco da misión comercial que desenvolve a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). Adivina Producciones, Ficción Producciones, Frida Films, Matriuska Producciones, Tic-Tac Producciones e Vaca Films son as empresas que tentarán vender os seus traballos e realizar contactos no encontro. .
Amplía a nova>>
04/02/2014
Unha empresa galega produce a primeira coprodución da BBC con socios non anglófonos
Bambú Producións será a firma galega que desenvolverá a primeira coprodución da prestixiosa cadea británica BBC cun socio non anglófono. O grupo españo Atresmedia é o colaborador co que os ingleses desenvolverán
The Refugees, unha serie de ciencia-ficción na que, nun momento do presente comezan a aparecer visitantes que chegan do futuro a fuxir dunha catástrofe. Esta lanzamento internacional supón unha oportunidade para a firma galega, que tamén comezará en breve a produción de
Contranatura, unha coprodución con México, centrada na frontera dese país con Estados Unidos.
.
Amplía a nova>>
03/02/2014
Nace en Carballo o primeiro festival galego dedicado a webseries
Carballo Interplay é o título do primeiro festival galego e o segundo do Estado dedicado exclusivamente a webseries, segundo apunta a organización do evento. O Concello de Carballo bota a andar esta iniciativa que se desenvolverá entre o 24 e o 27 de abril e distribuirá un total de 5.000 euros en premios. O prazo de inscrición está aberto para webseries realizadas entre 2012 e 2014 e que teñan un mínimo de tres capítulos editados. .
Amplía a nova>>
03/02/2014
A historia da arte secreta
Falamos dunha arte secreta. De autores anónimos, sen cara coñecida e que asinan con pseudónimos as súas obras. Uns traballos que, por outra banda, están a miúdo nos límites da legalidade. O graffiti non é un ámbito do que resulte sinxelo redactar unha historia. Co proxecto
Nome, unha serie documental que está publicar na rede, Abraham Caride descúbrenos a importancia que chegou a ter este mundo na Cidade de Ourense..
Amplía a nova>>
30/01/2014
O festival de curtas Por amor al arte amplíase a outras artes
Nado aínda o pasado ano, o festival de curtametraxes Por amor al arte amplía na súa segunda xeira o seu ámbito de acción na Coruña. Deste xeito, a segunda edición deste encontro, que se celebrará entre o 14 e o 22 de febreiro, será unha auténtica semana cultural na que se desenvolverán un total de 46 actividades que inclúen exposicións, actuacións musicais, montaxes teatris, obradoiros ou espectáculos de danza. Ademais,como non, proxectaranse as 61 curtametraxes seleccionadas para esta ediciónn. O evento desenvolverase en vinte sedes distribuídas por toda a cidade..
Amplía a nova>>
27/01/2014
Había luz no negro
Contrabando, estraperlo, redadas da Garda Civil, a guerrilla, as tabernas, o diñeiro correndo de man en man, a busca de novas oportunidades. A mina de Fontao, en Vila de Cruces, viviu na posguerra unha actividade inusual nun tempo no que o resto do país pasaba por unha dura época de fame. O wolframio demandado para a II Guerra Mundial polas potencias transformou de xeito radical a economía da zona. Este audiovisual, promovido pola Comisión de Igualdade do CCG, e dirixido por Encarna Otero, dá forma documental ás testemuñas da época gravadas para o Arquivo Sonoro de Galicia. Son mulleres que viviron esa época e dan conta dun modo de vida arriscado e duro..
Amplía a nova>>
22/01/2014
O CCG presenta mañá o documental "A luz do negro"
Promovido pola Comisión de Igualdade do CCG e dirixido por Encarna Otero, o documental "A luz do negro" presenta a vida e traballos das mulleres no ámbito do wolframio da Brea e o poboado mineiro de Fontao (Vila de Cruces). A extracción mineira acadou o seu apoxeo aló co gallo da II Guerra Mundial e a gran demanda alemana deste cobizado mineral para as súas unidades de combate. O documental recolle testemuñas audiovisuais e gráficas que narran como foron aqueles anos, sen eludir historias dramáticas como a presenza da guerrilla, de presos republicanos ou a morte de mulleres a mans da Garda Civil. A proxección será este xoves, 23 de xaneiro ás 19 h. no CCG. .
Amplía a nova>>
17/01/2014
Galicia é a comunidade autónoma que consume menos televisión
Con 221 minutos de media, Galicia é a comunidade autónoma do Estado que consume menos televisión, a bastante distancia de Andalucía (260 minutos) ou Aragón (255 minutos), que son os territorios que máis tempo pasan diante da tele. Así o indica o informe "A televisión en Galicia 2013" da consultora Avante, quen tamén sinala que Tele5 foi a cadea líder e que a Televisión de Galicia descende a un terceiro posto, aínda que segue a ser líder na franxa de sobremesa e no público superior a 45 anos. .
Amplía a nova>>
16/01/2014
Cans abre a convocatoria de 2014 a manter os seus premios
Os interesados en participar coas súas producións no XI Festival de Cans teñen ata o vindeiro 28 de febreiro para as enviar. A organización do evento abría onte a convocatoria para curtametraxes, curtas de animación e videoclips, que manteñen a súa dotación de anteriores anos e suman 6.200 euros en premios. Como novidade, o Festival habilitou unha plataforma web para recibir os traballos e os responsables lembran que están abertos a outros formatos que se poderán programar fóra de concurso ou mesmo dar pé á creación de novas categorías. .
Amplía a nova>>
13/01/2014
A Universidade de Santiago fará un inventario de salas de cinema históricas
Un equipo de investigadores de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela elaborará un inventario de salas de cinema históricas de todo o estado. O proxecto, encargado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, terá unha duración de seis meses e pretende identificar aqueles espazos de exhibición de interese que poidan ser obxecto de propostas de rehabilitación ou conservación, especialmente atendendo ás súas características arquitectónicas..
Amplía a nova>>