O Xigante e Juan Pinzás representan a Galicia nos Goya

A gala dos premios cinematográficos celebrarase o 9 de febreiro en Madrid

Os Premios Goya, que outorga cada ano a Academia Española de Cine contan este ano con dúas producións galegas entre os seus candidatos. O Xigante, de Abano Producións, compite polo galardón a mellor curtametraxe de animación, mentres que Juan Pinzás opta ao premio á mellor fotografía polo seu traballo en New York Shadows, que tamén dirixiu, guionizou e protagonizou. Os premiados coñeceranse o vindeiro 9 de febreiro na gala que se celebrará en Madrid.