Coa propia cidade como eixe temático o vindeiro 16 de setembro abre as súas portas a XXXV Semana de Cine de Autor de Lugo. O veterano evento que organiza o cineclube Fonmiñá transcorre ata o dÃa 21 e inclúe 83 filmes, entre os cales poderá verse unha escolma de producións que se rodaron na Cidade da Muralla. Asà poderán verse obras como Fuego, MatÃas, juez de lÃnea, El rey del rÃo ou La vieja música. Ademais, haberá unha sección gastronómica baixo o lema E para comer... Lugo. A pelÃcula Avión, el pueblo ausente, de MarÃa e Marcos Hervera abrirá o programa. O cartel do evento, a cargo da barcelonesa Mar Balcells Font foi seleccionado entre os 80 que concorreron ao concurso convocado pola organización.