13/03/2014
Lois Patiño competirá en Play Doc co seu traballo Costa da morte
O Festival Play Doc acaba de dar a coñecer a súa sección oficial desta edición. Son seis filmes que comparten un amplo recoñecemento internacional por teren participado en festivais de prestixio. Son
Costa da Morte de Lois Patiño,
Stop the Pounding Heart de Roberto Minermini;
Manakamana de Stephanie Spray e Pacho Vélez;
Forest of the Dancing Spirits de Linda Vastrick,
Anak Araw de Gym Lumbera xunto con
Ricardo Bär de Nele Wohlatz e Gerardo Naumann. Filmes que contarán historias que se suceden en todo o mundo, e situará aos “espectadores á fronteira entre Brasil e Arxentina, e descubrirá a tradición ancestral da tribo Iaka/Mbendiele no interior do Congo”, explican os organizadores do certame nunha nota de prensa. A cita co documental terá lugar do 2 ao 6 de abril en Tui..
Amplía a nova>>
13/03/2014
O festival de Cans concede a María Bouzas o premio Pedigree 2014
A “rigorosidade profesional e a súa sólida carreira” son algúns dos méritos polos que o Festival de Cans concede o seu premio de honra, o Pedrigree, a María Bouzas (Mugardos, 1962). A Asociación Cultural Arela acaba de comunicar que lle entregará este premio o vernes 23 de maio a unha muller que leva décadas no sector audiovisual, no que se implicou activamente e chegou a ser presidenta da Academia Galega do Audiovisual. Ademais, o festival tamén da a coñecer os gañadores dos Chimpíns de Prata, que desde esta edición pasan a chamarse
Premio Pepe Puime, en homenaxe a un veciño de Cans. Recibirán eses recoñecementos a a veciña Divina Campos e o actor e guionista de El Hormiguero Juan Ibáñez “Trancas” . Esta edición do certame terá lugar en Cans, Porriño, do 21 ao 24 de maio..
Amplía a nova>>
12/03/2014
Nigrán acollerá a rodaxe da versión cinematográfica da Praia dos afogados
As historias do inspector Leo Caldas, a personaxe interpretada por Carmelo Gómez, comezan a cobrar vida. O vindeiro 5 de maior arrincará en Nigrán a rodaxe do filme que adapta a novela de Domingo Vilar
A Praia dos afogados, unha produción que acometen a viguesa Foresta Film, a madrileña Tornasol Film e Milú Films, de Santiago. Non é a única rodaxe que se desenvovle esta temporada, xa que Ignacio Vilar traslada ao seu equipo ata o Pazo de Tor para continuar a rodaxe de
A Esmorga, a adaptación doutra novela, neste caso de Eduardo Blanco Amor. E esta semana tamén está a ter lugar a rodaxe de Meñique, a produción de animación que desenvolve Ficción. Cun orzamento que supera os tres millóns de euros (272.653 euros de subvención de Agadic), conta a historia dun campesino que quere sacar da pobreza á súa familia. .
Amplía a nova>>
11/03/2014
O ouro do tempo e Os fenómenos compiten no festival de cine de Málaga
Acaba de darse a coñecer a programación da edición do Festival de Cine de Málaga, o certame de cinema español máis importante do Estado. Nesta ocasión, dous filmes galegos compiten por ser a mellor longametraxe. Son
O ouro do tempo de Xavier Bermúdez e
Los Fenómenos de Alfonso Zarauza. Pero non serán as únicas producións galegas presentes no certame, xa que Rafael Calvo, David Valero e Xosé Zapata estarán presentes no marco de Málga Premiere para ofrecer un primeiro pase de Linko, a última aposta de IB Cinema. Ademais, a produción
A tropa de trapo na selva do arcoíris coproducida por Abano Producións tamén se ofrecerá no marco do festival na sección Animazine..
Amplía a nova>>
10/03/2014
Nicolás Pereda será un dos nomes propios da décima edición do Play Doc
Falta menos dun mes para que arrinque a décima edición de Play Doc e xa se van coñecendo detalles sobre a programación deste ano. O realizador mexicano Nicolás Pereda (México, 1982) será un dos nomes propios nesta ocasión por partida doble. Dunha banda ofrecerá unha clase maxistral (5 de abril) e da outra, proxectaranse case toda a súa filmografía. Malia ser un realizador novo, os filmes de Pereda teñen participado en festivais como Cannes, Venecia e Locarno. Destaca unha peculiar forma de narrar cun uso moi significativo da ficción no documntal. Para os organizadores do Play-Doc singulariza “a fusión entre a realidade e a ficción co ánimo de evocar o sentimento dn pobo enteiro”. O festival, que foi seleccionado pola coñecida sala neoiorquina Town Hall entre os dez mellores festivais do mundo, desenvolverase entre o 2 e o 6 de abril..
Amplía a nova>>
05/03/2014
Cultura destina 90.000 euros ao financiamento de festivais audiovisuais
Cultura fixo público o listado de beneficiados polas subvencións para o financiamento de eventos. Son o Festival Internacional de Documentais Play-Doc de Tui (24.373,57 euros), o Festival de Cans (20.660,81 euros), a (S8) Mostra de Cinema Periférico que se celebra na Coruña (17.360,58 euros), o Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal (13.845,09 euros) e o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto de Santiago de Compostela (13.750,95 euros). Cultura di que a posta en marcha deste programa de subvencións é a resposta ás suxestións recibidas desde o propio sector audiovisual.
.
Amplía a nova>>
26/02/2014
O 48h film project volta á Coruña
Logo do éxito do pasado ano, o coruñés centro Ágora acollerá na fin de semana do 28 ao 30 de marzo unha segunda xeira do 48h film project. Esta iniciativa internacional desafía aos participantes a realizar en só dous días unha curtametraxe, e selecciona as mellores para a súa exhibición no festival Filmapalooza 2015. Os traballos resultantes do proxecto poderán verse no mesmo ágora o vindeiro 4 de abril..
Amplía a nova>>
24/02/2014
Os XII Mestre Mateo revelan os seus finalistas
Somos xente honrada, o filme de Alejandro Marzoa producido por Vaca Films, preséntase como favorita na XII Edición dos Premios Mestre Mateo ao acumular 13 candidaturas. A Academia Galega do Audiovisual daba a coñecer esta mañá os traballos aspirantes aos seus galardóns anuais, que se fallarán o vindeiro 12 de abril na gala que transcorrerá en Palexco, na Coruña. Logo da produción favorita, destaca a serie
Luci, de Portocabo e a TVG, con opcións a nove estatuas, e mais
Era visto! de Zopilote con oito. A película para TV
Salgadura, de Continental, Dream Team, TVG e TV3 é a cuarta proposta con máis candidaturas, sumando un total de seis..
Amplía a nova>>
21/02/2014
Galaxia crea unha canle de videos musicais en Youtube
Recoller os videoclips de cancións incluídas na colección Sonárbore. Este é o obxectivo de SonárboreTV, a canle en Youtube que acaba de abrir a editorial galaxia e que compila polo momento 17 vídeos para os máis novos. Os libro-discos
Bicos de música de Mamá Cabra e mais
María Fumaça protagonizan a posta en marcha da canle, aos que se irán sumando, segundo anuncia a editora, novas producións..
Amplía a nova>>
19/02/2014
Nace o Festival Carlos Velo de cinema rural
Un espazo centrado no cinema rural. Esta é a vocación coa que nace o Festival Internacional Carlos Velo, que se desenvolverá en Cartelle e Celanova os vindeiros 20 e 21 de xuño. A organización do encontro,a cargo dos colectivos Lareira Pop e Arraianos, abriu xa o prazo de inscrición para curtametraxes de ficción e documentais "cunha temática relacionada co medio rural e coa recuperación da memoria material e inmaterial dos pobos do mundo"..
Amplía a nova>>