Novas | 1691 a 1700 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

19/02/2014
Escollen o Play-Doc coma un dos 10 mellores festivais do mundo

O Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, foi seleccionado pola sala Town Hall de Nova York como un dos dez mellores festivais de cine do mundo, e convidado a presentar na cidade norteamericana unha selección das películas proxectadas en Tui. Os organizadores do Play Doc levarán unha selección de filmes galegos que presenten a cultura e a identidade do país.. Amplía a nova>>

14/02/2014
Cans abre o patrocinio de galpóns para asegurar o financiamento

A falta de financiamento público o Festival de Cans, en Porriño, busca novas formas de apoio privado para sufragar a súa XIII Edición, prevista para maio. Así, a organización presentaba onte a campaña "Apadriña un Jalpón" pola que empresas e particulares poderán, previa achega de 300 euros, patrocinar un dos espazos nos que se desenvolve a programación do evento. Segundo informaba o Facebook do Festival esta mesma mañá xa contaban con dous galpóns apadriñados. . Amplía a nova>>

13/02/2014
Lalín fica sen salas de cinema

As cinco salas exhibición que había en Lalin, integradas no cinema Filmax Fontiñas botarán o fecho a finais desde mes. Sen ter aínda unha data definitiva para o fin da actividade, a empresa xestora, Filmax, sinalou que a falta de público e mais o investimento necesario para enfrontar a dixitalización dos aparellos de proxección son inasumibles. A empresa anunciou un expediente de regulación de emprego que afectará aos seis traballadores do cinema. As salas abriran as súas portas en 2004.. Amplía a nova>>

11/02/2014
O CGAI intégrase no circuíto de cine independente en centros públicos

A sede do Centro Galego de Artes da Imaxe na Coruña estréase esta semana como sala de exhibición do primeiro Circuíto de Cine Independente en centros culturais públicos que se acaba de crear a nivel estatal. Esta rede, que conta coa participación de entidades como o Centro Cultural Niemeyer de Avilés, a Tabakalera de Donostia, o Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León (Musac) de León e a Filmoteca de Culturarts-IVAC de Valencia pretende achegar ao público filmes que non chegan a se distribuír en salas convencionais no Estado. Museum Hours de Jem Cohen, é o filme que abre hoxe este programa, que continuará a vindeira semana con I used to be darker de Matthew Porterfiled.. Amplía a nova>>

11/02/2014
Dous vídeos científicos galegos acadan recoñecemento internacional

Os vídeos Breaking the Rules e Ecoloxía e evolución de polimorfismos florais, integrados no proxecto de difusión científica Divulgare da Universidade de Vigo, acaban de recibir cadanseu recoñecemento. O festival virtual internacional Hollywood Shorts Reel 14 galardoou as curtametraxes cos premios do Xurado ao Mellor vídeo de animación (Breaking the Rules) e co Premio honorífico do xurado (Ecoloxía e evolución de polimorfismos florais). Con estes o proxecto suma xa 14 galardóns internacionais.. Amplía a nova>>

10/02/2014
Galicia fica sen Goyas

A gala dos Premios Goya que se celebrou onte en Madrid deixou sen galardóns o cinema galega. O xigante, que aspiraba ao galardón de mellor curta de animación, foi derrotada por Cuerdas de Pedro Solís García, mentres que as opcións de Juan Pinzás á mellor fotografía por New York Shadows víronse truncadas polo traballo de Pau Esteve Birba en Caníbal.. Amplía a nova>>

06/02/2014
Seis produtoras galegas participan no European Film Market

Berlín acolle desde hoxe, a coincidir coa inauguración do seu celebérrimo festival de cinema, unha nova edición do European Film Market, considerado o segundo mercado cinematográfico do mundo. No evento participan seis produtoras galegas, que se achegan á capital alemana no marco da misión comercial que desenvolve a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). Adivina Producciones, Ficción Producciones, Frida Films, Matriuska Producciones, Tic-Tac Producciones e Vaca Films son as empresas que tentarán vender os seus traballos e realizar contactos no encontro. . Amplía a nova>>

04/02/2014
Unha empresa galega produce a primeira coprodución da BBC con socios non anglófonos

Bambú Producións será a firma galega que desenvolverá a primeira coprodución da prestixiosa cadea británica BBC cun socio non anglófono. O grupo españo Atresmedia é o colaborador co que os ingleses desenvolverán The Refugees, unha serie de ciencia-ficción na que, nun momento do presente comezan a aparecer visitantes que chegan do futuro a fuxir dunha catástrofe. Esta lanzamento internacional supón unha oportunidade para a firma galega, que tamén comezará en breve a produción de Contranatura, unha coprodución con México, centrada na frontera dese país con Estados Unidos. . Amplía a nova>>

03/02/2014
Nace en Carballo o primeiro festival galego dedicado a webseries

Carballo Interplay é o título do primeiro festival galego e o segundo do Estado dedicado exclusivamente a webseries, segundo apunta a organización do evento. O Concello de Carballo bota a andar esta iniciativa que se desenvolverá entre o 24 e o 27 de abril e distribuirá un total de 5.000 euros en premios. O prazo de inscrición está aberto para webseries realizadas entre 2012 e 2014 e que teñan un mínimo de tres capítulos editados. . Amplía a nova>>

03/02/2014
A historia da arte secreta

Falamos dunha arte secreta. De autores anónimos, sen cara coñecida e que asinan con pseudónimos as súas obras. Uns traballos que, por outra banda, están a miúdo nos límites da legalidade. O graffiti non é un ámbito do que resulte sinxelo redactar unha historia. Co proxecto Nome, unha serie documental que está publicar na rede, Abraham Caride descúbrenos a importancia que chegou a ter este mundo na Cidade de Ourense.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org