Novas | 1701 a 1710 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

30/01/2014
O festival de curtas Por amor al arte amplíase a outras artes

Nado aínda o pasado ano, o festival de curtametraxes Por amor al arte amplía na súa segunda xeira o seu ámbito de acción na Coruña. Deste xeito, a segunda edición deste encontro, que se celebrará entre o 14 e o 22 de febreiro, será unha auténtica semana cultural na que se desenvolverán un total de 46 actividades que inclúen exposicións, actuacións musicais, montaxes teatris, obradoiros ou espectáculos de danza. Ademais,como non, proxectaranse as 61 curtametraxes seleccionadas para esta ediciónn. O evento desenvolverase en vinte sedes distribuídas por toda a cidade.. Amplía a nova>>

27/01/2014
Había luz no negro

Contrabando, estraperlo, redadas da Garda Civil, a guerrilla, as tabernas, o diñeiro correndo de man en man, a busca de novas oportunidades. A mina de Fontao, en Vila de Cruces, viviu na posguerra unha actividade inusual nun tempo no que o resto do país pasaba por unha dura época de fame. O wolframio demandado para a II Guerra Mundial polas potencias transformou de xeito radical a economía da zona. Este audiovisual, promovido pola Comisión de Igualdade do CCG, e dirixido por Encarna Otero, dá forma documental ás testemuñas da época gravadas para o Arquivo Sonoro de Galicia. Son mulleres que viviron esa época e dan conta dun modo de vida arriscado e duro.. Amplía a nova>>

22/01/2014
O CCG presenta mañá o documental "A luz do negro"

Promovido pola Comisión de Igualdade do CCG e dirixido por Encarna Otero, o documental "A luz do negro" presenta a vida e traballos das mulleres no ámbito do wolframio da Brea e o poboado mineiro de Fontao (Vila de Cruces). A extracción mineira acadou o seu apoxeo aló co gallo da II Guerra Mundial e a gran demanda alemana deste cobizado mineral para as súas unidades de combate. O documental recolle testemuñas audiovisuais e gráficas que narran como foron aqueles anos, sen eludir historias dramáticas como a presenza da guerrilla, de presos republicanos ou a morte de mulleres a mans da Garda Civil. A proxección será este xoves, 23 de xaneiro ás 19 h. no CCG. . Amplía a nova>>

17/01/2014
Galicia é a comunidade autónoma que consume menos televisión

Con 221 minutos de media, Galicia é a comunidade autónoma do Estado que consume menos televisión, a bastante distancia de Andalucía (260 minutos) ou Aragón (255 minutos), que son os territorios que máis tempo pasan diante da tele. Así o indica o informe "A televisión en Galicia 2013" da consultora Avante, quen tamén sinala que Tele5 foi a cadea líder e que a Televisión de Galicia descende a un terceiro posto, aínda que segue a ser líder na franxa de sobremesa e no público superior a 45 anos. . Amplía a nova>>

16/01/2014
Cans abre a convocatoria de 2014 a manter os seus premios

Os interesados en participar coas súas producións no XI Festival de Cans teñen ata o vindeiro 28 de febreiro para as enviar. A organización do evento abría onte a convocatoria para curtametraxes, curtas de animación e videoclips, que manteñen a súa dotación de anteriores anos e suman 6.200 euros en premios. Como novidade, o Festival habilitou unha plataforma web para recibir os traballos e os responsables lembran que están abertos a outros formatos que se poderán programar fóra de concurso ou mesmo dar pé á creación de novas categorías. . Amplía a nova>>

13/01/2014
A Universidade de Santiago fará un inventario de salas de cinema históricas

Un equipo de investigadores de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela elaborará un inventario de salas de cinema históricas de todo o estado. O proxecto, encargado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, terá unha duración de seis meses e pretende identificar aqueles espazos de exhibición de interese que poidan ser obxecto de propostas de rehabilitación ou conservación, especialmente atendendo ás súas características arquitectónicas.. Amplía a nova>>

08/01/2014
O Xigante e Juan Pinzás representan a Galicia nos Goya

Os Premios Goya, que outorga cada ano a Academia Española de Cine contan este ano con dúas producións galegas entre os seus candidatos. O Xigante, de Abano Producións, compite polo galardón a mellor curtametraxe de animación, mentres que Juan Pinzás opta ao premio á mellor fotografía polo seu traballo en New York Shadows, que tamén dirixiu, guionizou e protagonizou. Os premiados coñeceranse o vindeiro 9 de febreiro na gala que se celebrará en Madrid.. Amplía a nova>>

07/01/2014
O II Premio Acto de Primavera fica deserto

A falta de resposta dos críticos e xornalistas convocados a participar na elección dos mellores filmes galegos do ano levou a que o premio Acto de Primavera ficase deserto na súa segunda edición. Segundo publica o blog desta iniciativa só dez dos 26 especialistas convocados responderon á solicitude para votar as producións de 2013 o que, segunda a organización, non dá uns resultados representativos. Os críticos que participaron destacaron Costa da Morte Lois Patiño con 23 puntos e 7 mencións, seguida de VidaExtra de Ramiro Ledo, que obtivo 21 puntos e outras 7 mencións.. Amplía a nova>>

23/12/2013
O Play-Doc recibiu máis 500 filmes para a súa vindeira edición

Os organizadores do Play-Doc, o festival de documentais de Tui, recibiron máis de medio cento de filmes de corenta países con intención de participar na edición de 2014. A décima xeira do encontro celebrarase entre os vindeiros días 2 e 6 de abril e ten en marcha como en anos anteriores a campaña Play-Doc Support, coa que os público pode contribuír económicamente ao evento a cambio de merchandising e pases especiais.. Amplía a nova>>

23/12/2013
AGADIC resolve as axudas á produción audiovisual

O web da Axencia Galega das Industrias Culturais recolle hoxe a resolución das subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístiico e cultural. A convocatoria distribúe un total de 1.100.000 euros en tres anualidades entre 19 proxectos audivisuais do noso país. A longametraxe O descoñecido de Vaca Films foi a recibiu unha maior contía, con 281.148 euros, seguido de El club de los incomprendidos de Bambú Producciones, que se fixo cunha axuda de 252.694. A adaptación da novela A praia dos afogados conseguiu pola súa banda 208.078 euros. Na lista de axudas atópanse tamén proxectos documentais sobre o Sil, as Ultranoites da NASA, o grupo Nove, as escolas unitarias ou a monxa Exeria, considerada a primeira peregrina. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org