Novas | 1711 a 1720 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

20/12/2013
Pontevedra volta ter cines a partir de mañá

A firma galega Galicine é a responsable de que a cidade de Pontevedra volte ter salas de cinema logo do feche, hai seis meses do complexo Vialia. As oito salas do complexo inician a partir de mañá a súa programación a ofertar un total de 1.539 prazas. Como novidades, crearase unha sala VIP, habaerá dúas con butacas vibratorias e outras dúas que disporán de tecnoloxía 3D. A empresa negociou con ADIF, propietaria da infraestrutura, un convenio por vinte anos.. Amplía a nova>>

19/12/2013
AGADIC resolve as axudas ao desenvolvemento audiovisual

Dez producións doutras tantas empresas galegas reparten os 150.000 euros das axudas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega que acaba de fallar a Axencia Galega das Industrias Culturais. En total trátase de seis novas longametraxes de ficción, tres documentais e unha película de televisión. Migas de pan de Xamalú Filmes, Cen anos de perdón de Vaca Films, A estación violenta de Matriuka Producións, Juana de Vega e a alumna da liberdade de Zenit Televisión ou El secreto de Santa Marta de Camariñas de Dos Treinta y Cinco son algunhas das que recibiron maiores axudas.. Amplía a nova>>

10/12/2013
O Festival de Cans busca patrocinios para depender menos das institucións

Cans busca patrocinios privados. A ausencia do festival de cinema do Porriño das axudas do Ministerio de Cultura e a incerteza sobre se a Xunta convocará a tempo a súa convocatoria para eventos deste tipo levou a organización a repetir a experiencia do pasado ano e procurar anunciantes. Aínda que na actualidade os fondos públicos supoñen só o 40% do orzamento do festival, os seus coordinadores procuran diminuír aínda máis esta porcentaxe "para evitar na medida do posible que os atrasos e incertidumes das aportacións públicas afecten á organización do evento". Patrocinar espazos, chimpibuses ou pór anuncios nas proxeccións ou no Canzine, son algunhas das opcións para quen desexe colaborar.. Amplía a nova>>

03/12/2013
Curtocircuíto repasa traxectoria no seu décimo aniversario

Un programa máis compacto, unha retrospectiva dos mellores filmes internacionais e outra de producións galegas, novo director. Curtocircuíto celebra entre os días 9 e 13 de decembro a súa décima edición a repasar o traballo feito e a iniciar unha nova etapa. Con Pela del Álamo á fronte, a proposta inclúe unha sección dedicada ao Play-Doc e centrará as súas proxeccións na Zona C, no CGAC e no Teatro Principal. En total serán 1.893 curtametraxes na sección oficial, entre as cales haberá seis producións galegas. . Amplía a nova>>

02/12/2013
Dez produtoras galegas participan en Ventana Sur

A Axencia Galega das Industrias Culturais, AGADIC, anunciou esta mañá que dez produtoras do país participarán, co seu apoio, no mercado audiovisual Ventana Sur. Este evento, que se celebra en Bos Aires entre os días 3 e 6 de decembro, contará coa presenza das firmas Ficción Producciones, Filmanova, Adivina Producciones, Enxebre Entertainment, Formateo, Xamalú Filmes, Abano Producións, TV Siete, Vimbio Films e Desembarco Film. No evento proxectaranse mostras de filmes destas produtoras, realizarase un encontro profesional e poderá verse o novo vídeo promocional Films from Galicia.. Amplía a nova>>

26/11/2013
Toño Chouza gaña o premio á mellor película con Entreparadas no FECIDISCOVI

O director boirense Toño Chouza gañou o premio á mellor película no VI Festival Internacional de Cine e Discapacidade Collado Villalba (FECIDISCOVI). Entreparadas conta a historia de 16 persoas que contan experiencias vitais únicas, baseadas en representacións teatrais con textos da Xeración Nós levadas a cabo no tempo entre as paradas do autobús en Ourense.. Amplía a nova>>

26/11/2013
Noia inicia esta fin de semana a XIV Mostra de Curtas

Desde o sábado 30 de novembro e ata o día 8 de decembro desenvolverase o programa da XIV Mostra de Curtas Vila de Noia. Nesta xeira, o evento entregará o seu premio honorífico a toda unha carreira á actriz pilar pereira e realizará unha gala de homenaxe a Xosé Manuel Olveira Pico, recentemente falecido. O programa inclúe proxeccions de filmes como Operación E, Arrugas ou o documental Costa da Morte, e a preestrea da serie televisiva Galerías Velvet, así como, por suposto, a proxección de curtametraxes. . Amplía a nova>>

21/11/2013
Pela del Álamo será o novo director de Curtocircuíto

Logo de nove anos no posto Tim Redford abandona a dirección de Curtocircuíto para pasar a coordinar o Festival Europeo de Curtas. Pela del Álamo, director do documental N-VI será o novo responsable do festival de curtametraxes. A nova edición desenvolverase entre o 9 e o 13 de decembro.. Amplía a nova>>

21/11/2013
A XXIII Semana de Cine Submarino céntrase en Galicia

Dúas estreas galegas protagonizan a XXIII Edición da Semana de Cine Submarino, que se celebrará en Vigo entre o 26 e o 28 deste mes de novembro. Marcados para sobrevivir de José Irisarri e Nas aguas do Norte Ibérico: os ríos, de Manuel Pedrosa e Mariám Mariño, son as producións que se presentan no festival. Canda a elas, poderá verse tamén Crónicas do mar o último traballo do pontevedrés afincado en Estados Unidos Leandro Blanco.. Amplía a nova>>

20/11/2013
Ángel de la Cruz recolle o premio Irmandade do Libro ao Mellor Guión Adaptado

O Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) acolleu onte a entrega a Ángel de la Cruz do premio Irmandade do Libro ao Mellor Guión Adaptado. A Federación de Libreiros recoñeceu con este galardón, que se convoca por vez primeira este ano, o traballo deste creado ao adaptar a banda deseñada Arrugas de Paco Roca, no guión do filme de animación homónimo.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org