Nigrán acollerá a rodaxe da versión cinematográfica da Praia dos afogados

Estes días tamén teñen lugar as rodaxes de Meñique e A esmorga

As historias do inspector Leo Caldas, a personaxe interpretada por Carmelo Gómez, comezan a cobrar vida. O vindeiro 5 de maior arrincará en Nigrán a rodaxe do filme que adapta a novela de Domingo Vilar A Praia dos afogados, unha produción que acometen a viguesa Foresta Film, a madrileña Tornasol Film e Milú Films, de Santiago. Non é a única rodaxe que se desenvovle esta temporada, xa que Ignacio Vilar traslada ao seu equipo ata o Pazo de Tor para continuar a rodaxe de A Esmorga, a adaptación doutra novela, neste caso de Eduardo Blanco Amor. E esta semana tamén está a ter lugar a rodaxe de Meñique, a produción de animación que desenvolve Ficción. Cun orzamento que supera os tres millóns de euros (272.653 euros de subvención de Agadic), conta a historia dun campesino que quere sacar da pobreza á súa familia.