Novas | 1671 a 1680 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

02/04/2014
O museo das películas

Para alén de dixitalizar e difundir, a recuperación de filmes implica outros traballos. O Centro Galego de Artes da Imaxe posúe unha ampla experiencia neste campo e contribuíu a descubrir algunhas das grandes xoias da nosa filmografía histórica. O seu director, Guillermo Escrigas, explícanos as peculiaridades e dificultades deste legado. Concluímos con esta reportaxe a nosa serie dedicada ao patrimonio audiovisual.. Amplía a nova>>

02/04/2014
A Xunta reduce os cometidos do Xacobeo a albergues e a promoción do Camiño

Naceu no ano 1991 e desde esa data viviu momentos de esplendor ampliando progresivamente as súas competencias ata onte. O Diario Oficial de Galicia publicaba onte unha nova reformulación dos estatutos do Xacobeo que limita o obxecto social desta entidade. Desaparecen da súas funcións a produción cinematográfica e audiovisual, a organización de competicións deportivas e a montaxe de grandes concertos, que tanta sona lle deron en Anos Xacobeos. Deste xeito, a entidade (con sede social en San Lázaro) encargarase soamente das actividades da rede de albergues e, de coordinar actuacións específicas relacionadas co Camiño de Santiago e a cultura xacobea. . Amplía a nova>>

02/04/2014
O documental galego exhibe a súa fortaleza no Play Doc que arrinca hoxe en Tui

Un filme galego (Costa da morte de Lois Patiño) na sección oficial, e catro directores do país (Eloy Enciso, Marcos Nine, Otto Roca e Ángel Santos) inaugurando unha nova sección, o Laboratorio de Apuntes Fílmicos (LAP). A décima edición de Play Doc exhibe o músculo creativo do país sen renunciar ao prestixio e calidade que lle levaron a ser recoñecido en 2013 como n dos mellores festivais (Best Film Series) pola prestixiosa sala neoiorquina Town Hall. A cita arrinca hoxe en Tui e permite coñecer o máis innovador e recoñecido do panoramda documental actual.. Amplía a nova>>

01/04/2014
O Clúster do Audiovisual convoca o seu oitavo pitching para producir ideas

Un pitching é unha xornada de presentación de proxectos. O clúster audiovisual de Galicia leva oito anos facendo este tipo de encontros nos que se buscan socios financeiros para materializar (en forma de películas, series...) proxectos audiovisuais. Este ano, esta xornada terá lugar o vindeiro 12 de xuño en Santiago de Compostela, co apoio dunha serie de entidades como o concello, a Xunta (a través de Agadic e o IGAPE) e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. E conscientes da importancia de preparar ben este encontro, os días 21 e 22 de maio organizan un "obradoiro de preparación ao pitch" no que os proxectos seleccionados gozarán dun curso de formación para ensinar ferrametnas para que sexa certera a presenza no pitching.. Amplía a nova>>

28/03/2014
O XIX Festival de cine de Ourense mantén a súa contía dos seus premios

17.000 euros. Esta é a contía que o concello de Ourense aprobou onte para o palmarés da XIX edición do seu festival de Cine, o OUff. Un importe que se repartirá do seguinte xeito: 7.000 euros para a Gran Calpurnia que premia a mellor película; 3.000 tanto para o premio do Público como para o Carlos Velo ao mellor director. O premio do xurado contará con 2.000 euros, mentres que o de mellor guión e mellor interpretación estarán dotados con 1.000 euros. Ademais, tamén se acordaron as datas de celebración do certame, que terá lugar na cidade das Burgas entre o 15 e o 23 de novembro. Coa aprobación das bases, comeza o período de recepción de traballos, que estará aberto ata o 1 de setembro.. Amplía a nova>>

26/03/2014
A comunidade dos filmes

Recuperar o patrimonio fílmico dunha comunidade e polo ao servizo desa mesma comunidade e mais de todos os interesados em facer algo con el. O Proxecto Socheo recupera as películas domésticas da Guarda e as producións históricas con este escenario e evidencia as posibilidades que oferta este tipo de material. Continuamos a nosa serie sobre a recuperación do patrimonio audiovisual.. Amplía a nova>>

20/03/2014
Play Doc convida a catro directores galegos para crear un laboratorio de creación

Eloy Enciso, Marcos Nine, Otto Roca e Ángel Santos catro directores galegos que inauguran unha nova aposta do festival de documentais Play Doc. Chámase Laboratorio de Apuntes Fílmicos (LAP) e pretede servir de centro de creación arredor documental. Segundo unha nota de prensa “a idea é que cada cineasta convidado capture, desde a súa propia caligrafía, os cambios de diversa índole -sociais, económicos, paisaxísticos...- que se están a producir no seu entorno”. Para esta estrea, os cineastas convidados realizarán pezas en torno ao concepto de "transformación". Os resultados veranse unha sesión especial dentro do festival coa presenza do director. . Amplía a nova>>

20/03/2014
Menos traballos galegos nun Redondela en Curto que bate marcas de participantes

A nova edición de Redondela en curto está marcada por un incremento no número de traballos recibidos. En total recibiron arredor de 700, cen máis que na anterior edición. No entanto, deles só un 3% son galegos, segundo publica hoxe Atlántico Diario. Con todo, a presenza galega está garantida na selección final, que escolmará 16 traballos para selección oficial competitiva. Entre as novidades desta edición, que sufre un retroceso orzamentario semellante ao da primeira edición (14.000 euros), destaca que o certame se abre á cidadanía, con proxeccións en establecementos de hostalería. A cita é do 24 ao 27 de abril.. Amplía a nova>>

19/03/2014
A importancia do Super 8

Vellas películas que se revelan agora como un ben cultural que cómpre protexer. Retratos dunha época que saen das gabetas familiares e chegan á rede. A Agrupación Cinematográfica Galega bota a andar cun Arquivo de Cine Doméstico que amosa o atractivo que teñen estas microproducións no panorama actual. Comezamos con este reportaxe un repaso sobre diferentes iniciativas arredor do patrimonio visual que se están a desenvolver no noso país.. Amplía a nova>>

18/03/2014
Manolo González recibirá o premio de honra Fernando Rey

A Academia Galega do Audiovisual anunciaba esta mañá que acordou outorgarlle o seu premio de honra Fernando Rey a Manolo González. A entitade recoñece con estes galardón "a paixón e compromiso de Manolo Gonzalez pola profesión" desde proxectos como a Escola de Imaxe e Son da Coruña ou o seu traballo na Axencia Galega do Audiovisual. A entrega do galardón realizarase o vindeiro 12 de abril no Palexco da Coruña, durante o transcurso da gala dos Premios Mestre Mateo.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org